67604071 10219771248650552 1425781889318256640 N

O PP ESIXE A COMPARECENCIA DO ALCALDE PARA QUE EXPLIQUE POR QUE DECIDIU PARALIZAR A APROBACIÓN DO PXOM EN FEBREIRO

  • 17 octubre, 2020
  • PXOM
  • Os populares solicitan coñecer a situación actual e porqué o rexedor decidiu paralizar o expediente temporalmente o cinco de febreiro de 2020.
  • “Somos coñecedores dunha comunicación do alcalde rogando á Xunta a paralización temporal do expediente”.  

 Ponteareas,  16 de outubro de 2020.- O Grupo Municipal do PP esixe a comparecencia urxente do alcalde, Xosé Represas, para que explique os motivos de solicitar unha prórroga á Xunta de Galicia que levou á paralización do expediente de aprobación final do PXOM.

 “A finais de 2019, o alcalde festexou a aprobación do que dixo era o PXOM definitivo de Ponteareas. Dous meses despois, o cinco de febreiro, solicita á administración autonómica unha prórroga. Instando a que paralicen temporalmente o expediente”, explican os populares.

O PP considera que non hai motivos xustificados ou polo menos coñecidos polos grupos da oposición para tal paralización. “Descoñecemos os motivos, por iso solicitamos a súa comparecencia”.

Ademais o PP informa que nos últimos meses aceleráronse un gran número de licenzas urbanísticas, en zonas que a novo PXOM contempla como non urbanizables, e non se saben os motivos.

“Curiosamente, na súa maioría, son parcelas que o noso partido solicitou que se modificasen a urbanizables, pero o bipartito na aprobación do documento non quixo. Agora parece que se suman á nosa reivindicación. Por que cambiaron de opinión? Informaron destas novas licenzas a administración autonómica, que non se rexen pola novo PXOM?”.

Os populares esixirán explicacións da suspensión e tamén de que prazos manexa o bipartito para a continuación do expediente.