Geriatricarea Covid19 Coronavirus

O PP SOLICITA AO BIPARTITO QUE PUBLIQUE OS DATOS DE INFECTADOS EN PONTEAREAS E INCREMENTE AS MEDIDAS PARA CONTER O VIRUS COVID-19

  • O municipio acaba de pasar á fase amarela segundo os últimos datos publicados pola Xunta de Galicia.
  • Os populares solicitarán ao goberno local que publique de forma oficial os datos de contaxio e que incremente a higienización de edificios municipais e lugares máis frecuentados.  

Ponteareas, 09 de outubro de 2020.-  O Grupo Municipal do PP solicitará ao bipartito municipal que publique en páxina web e redes sociais do consistorio os datos en relación ao número de casos positivos e a evolución da curva en Ponteareas.

“Acabamos de entrar en fase amarela, o que quere dicir que existen no municipio entre 7 e 13 contagios novos. Parece que esta segunda onda está a avanzar máis rápido que a de marzo e abril. Por tanto, para evitar contaxios e un confinamento total, debemos previr e concienciar á sociedade de que o virus segue aí e está a avanzar con rapidez”.

Os populares consideran urxente e necesario que o Concello incremente os traballos de limpeza e higienización de edificios municipais, prazas e rúas máis transitadas para evitar unha propagación maior desta enfermidade.