OS POPULARES LAMENTAN QUE OS REPRESENTANTES DA PLATAFORMA DE SANEAMENTO EN RIBADETEA REXEITEN ESIXIR A DEPUTACIÓN E CONCELLO QUE CUMPRAN CO SANEAMENTO

  • Os populares mostráronse a favor de reclamar a todas as administracións a súa colaboración para desenvolver este servizo.
  • “Lamentamos a instrumentalización política que algúns fan por parte desta plataforma, por desgraza prexudícanos a todos”, explican os populares.
  • “O proxecto de Saneamento en Ribadetea de Augas de Galicia, redactado e adecuado ao Plan Director, será exposto e explicado aos veciños”.

Ponteareas, 4 de agosto do 2020.-. O Grupo Municipal do PP mostrouse a favor da solicitude realizada no pleno polos representantes da plataforma de saneamento de Ribadetea, que esixen a implicación da Xunta de Galicia no desenvolvemento deste servizo.

Os populares mostráronse a favor destas reclamacións pero no pleno lembraron que a competencia de crear o saneamento e tratamento de augas é competencia municipal.

“Sumámonos á reivindicación pero por parte da Xunta xa se actuou. A entidade autonómica, Augas de Galicia, xa redactou o proxecto e cremos que é o Concello quen debe poñelo en marcha, como así fixeron o noso municipios veciños. Por iso lamentamos que a plataforma non esixise o mesmo compromiso ao Concello e mesmo á administración provincial, a Deputación de Pontevedra, que conta con partidas económicas que están a ser destinadas para este tipo de actuacións en outros concellos da nosa provincia”.

Por outra banda, o PP logrou o respaldo de todos os grupos políticos para que o proxecto de Saneamento de Ribadetea de Augas de Galicia, redactado e adecuado ao Plan Director, sexa exposto e presentado aos veciños para realizar pequenas modificacións se fosen necesarias.