Viaqua Img137590t0

O ALCALDE REXEITA RESPONDER SE VAI A MUNICIPALIZAR O SERVIZO DE AUGA E COBRAR AOS VECIÑOS POLO CONSUMO REAL

  • Os populares fixeron unha pregunta no pleno para coñecer en que situación atópase o contrato que está a piques de finalizar.
  • “BNG e PSOE prometeron a municipalización do servizo. Nuns meses finaliza o contrato, deberían explicar aos veciños se van cumprir a súa palabra ou pola contra van amplialo e deixalo tal e como está”, informan desde o PP.

Ponteareas, 29 de xullo de 2020.- O Grupo Municipal do PP rexistrou unha pregunta no pleno para coñecer a situación do servizo de abastecemento da auga e saneamento e depuración de augas residuais. “Hai anos que Represas vén proclamando a municipalización deste servizo pero non volvemos a ter noticias en relación a esta proposta” explican os populares.

O PP lémbralle ao alcalde que existe un acordo plenario do 2018 no que se aprobou por unanimidade “Iniciar o expediente para determinar a forma máis sostible e eficiente de xestionar os servizos de abastecemento da auga e saneamento e depuración de augas residuais e crear unha comisión informativa con edís e técnicos”.

O Grupo Municipal do PP rexistrou varias preguntas en relación a este servizo pero o alcalde reclinou responder e emprazoulles á próxima sesión plenaria.

“Queriamos coñecer se se vai a municipalizar o servizo, como prometeron. Saber se se vai a convocar e crear a comisión de seguimento aprobada no ano 2018 así como coñecer cuestións referentes ás actuais tarifas, xa que os veciños pagan un tramo fixo e non polo consumo real”, explica a portavoz Belén Villar.