WhatsApp Image 2020 07 21 At 15.18.34

O PP INSTA AO ALCALDE A QUE PRIORICE O SANEAMENTO EN RIBADETEA E NON O DILATE MÁIS

  • Os populares esixen ao rexedor que inste a Augas de Galicia a explicar o proxecto aos veciños para o seu visto e prace ou últimas modificacións, se fosen necesarias.
  • “A pesar de que o proxecto xa se fixo en 2012, Represas dilatou a actuación solicitando que a entidade autonómica acondicionase o documento ao actual Plan Director. Cal vai ser agora a escusa?”, pregúntanse os populares.

Ponteareas, 21 de xullo de 2020.- O Grupo Municipal do PP rexistrou unha moción para que o alcalde, Xosé Represas, inste a Augas de Galicia a presentar o proxecto na parroquia de Ribadetea, para explicar o documento, que xa foi entregado ao Concello, e dar así a súa aprobación definitiva.

“O alcalde xa ten o proxecto nas súas mans e temos que darlle a aprobación definitiva. Para iso hai que informar os veciños da relación de trazado de colectores, incluídos os do barrio de Cillarga, por se quixesen facer algunha pequena modificación”, explican os populares.

O Grupo Municipal do PP solicita na súa moción axilizar unha reunión informativa para pechar o documento e que o Concello poida deseñar as fases e execución da obra.

“Agora que o proxecto está finalizado o Concello debe dar continuidade e priorizar esta actuación pola que tantos anos levan os veciños de Ribadetea esperando”.