O PP PREGUNTA NO CONGRESO E NO CONCELLO DE PONTEAREAS POLO PROXECTO DA N-120

  • Os populares Javier Bas, Belén Villar, Andrés Sampedro e Silvia F. Táboas reuníronse o luns coa Plataforma de Afectados da N-120 para informarlles sobre as últimas iniciativas levadas ao Congreso dos Deputados e ao Concello de Ponteareas.
  • O PP presentará no pleno unha pregunta para que o alcalde explique en que situación atópanse as negociacións.
  • Os populares tamén formularán un rogo para que sexan incluídos nas reunións co Ministerio dous representantes da Plataforma e un portavoz de cada grupo da oposición.

Ponteareas, 23 de xuño de 2020.- O deputado nacional, Javier Bas, acompañado pola portavoz local do PP, Belén Villar, e os edís, Andrés Sampedro e Silvia F. Táboas mantiveron unha reunión coa Plataforma de Afectados da N-120 para informarlles dos últimos movementos realizados para que o Goberno central e o Concello de Ponteareas reactiven o proxecto.

Na reunión os populares informaron aos afectados que se rexistraron varias preguntas no Congreso dos Deputados para que se informe de aspectos relativos á redacción do proxecto. “A pesar de que se anunciou en febreiro de 2020, descoñecemos a quen se lle adxudicou a redacción do proxecto, cal é o prazo de entrega do mesmo, cales son as condicións dos servizos contratados”, explican os populares.

En relación á execución das obras, os deputados tamén rexistraron unha batería de preguntas para aclarar “en que consisten as obras incluídas no proxecto, cales son os prazos de licitación e de execución da mesma, data estimada de finalización así como coñecer os motivos de redución do orzamento inicial de 6 millóns de euros, dos Orzamentos Xerais do Estado (prorrogados do 2018), aos 2,26 millóns de euros que se inclúen agora como custo da obra na redacción deste proxecto”.

Pola súa banda a portavoz popular, Belén Villar, agradeceu a disposición e o interese mostrado polos deputados nacionais, e trasladará as mesmas preguntas no próximo pleno ao alcalde de Ponteareas.

“Represas viaxou a Madrid e pechou unha suposta negociación. Queremos que explique se con eses 2,26 millóns de euros mantéñense as tres rotondas, a mellora do firme e da iluminación e as sendas peonís. Pola redución do custo temémonos que o proxecto non inclúe todas as melloras. Queremos coñecer o estado en que se atopa a redacción anunciada a inicios deste ano e por suposto no caso de que non se inclúan todas as demandas da Plataforma, imos solicitar que non se perdan os seis millóns de euros que o Goberno central (PP) deixou consignados en 2018”, explicou a portavoz.

Por último o Grupo Municipal do PP fará un rogo ao Goberno local para que se inclúa nas negociacións a dous representantes da Plataforma e un portavoz de cada grupo da oposición. “É un tema clave para o noso municipio no que debe haber unidade e transparencia”.