Castelao

O PP ESIXE AO ALCALDE A LIMPEZA DAS PARCELAS ONDE SE ACUMULAN OS ESCOMBROS DAS OBRAS QUE REALIZA O CONCELLO

  • En Ponteareas están empregándose para a acumulación de escombro determinadas parcelas, vertendo nelas restos de formigón, plásticos e recortes de asfalto, incumprindo así a lexislación vixente en materia de residuos.

Ponteareas, 22 de maio de 2020.- O Grupo Municipal do PP lémbralle ao alcalde, Xosé Represas, que desde hai meses están a acumularse escombros, de obras municipais, en varias parcelas situadas no Concello de Ponteareas.

“O material vertido procede de obras municipais e ten que ser tratado como cómpre. A creación destes vertedoiros improvisados están a xerar malestar entre os veciños e pode derivar en problemas de insalubridad”, denuncian os populares.

O PP solicita que se proceda canto antes a “ desescombrar esas zonas, en concreto a que está situada en Avda Castelao. “Ademais do prexuízo de saúde que poidan provocar, a provisión destes materiais dificulta aínda máis o problema de aparcadoiro existente no centro do municipio, en concreto nesta zona”.

Por outra banda, “no caso da parcela preto de Fontenla, próxima ao Cemiterio Municipal de Ponteareas, o entullo xa supera varios metros de altura e está a xerar malestar veciñal xa que esa zona era utilizada como un ‘parque forestal’ como área de xogo e esparexemento”.

Os populares, alertados por un grupo de veciños, comprobaron como alí deposítanse pedras, terra, restos de formigón, algún plástico e mesmo grandes recortes de asfalto, que segundo a lexislación vixente de residuos tanto estatal como autonómica, no caso destes últimos, ten que realizarse a provisión destes materiais coa correspondente autorización ambiental por tratarse dun residuo perigoso.

A voceira popular, Belén Villar e a edil, Silvia F. Táboas, visitaron as dúas zonas.

“Os veciños trasladaron este problema ao alcalde e ao Goberno local pero non recibiron nin resposta nin solución. Desde o PP esiximos que se proceda inmediatamente á limpeza destas zonas e que se cumpra a lei en materia ambiental”.