B46B1646

O PP SOLICITA DUPLICAR A PARTIDA ORZAMENTARIA DESTINADA A PALIAR OS EFECTOS DA COVID-19

– O Goberno, mediante modificación de crédito orzamentaria, propón tan só 500.0000 euros para paliar os efectos da pandemia, o que supón un 2% do orzamento total de 22 millóns do que dispón.

-“Solicitan un millón de euros de modificación, pero tan só a metade para destinar a axudas. Solicitamos que separen os expedientes do destinado á crise COVID-19 e expliquen o destino do resto do diñeiro. Tamén pedimos novamente que se incrementen as axudas para paliar a crise da pandemia, ata un millón de euros”.

Ponteareas, 13 de maio.- O PP mostra a súa sorpresa ao coñecer a situación financeira do Concello, que a pesar do pouco investimento realizado en 2019, pechou o exercicio incrementando os gastos e perdendo o remanente acumulado en 2018.

Os populares viñan reclamando no último mes que se crease un Fondo Especial, utilizando precisamente o Remanente de Tesourería, que son os aforros do Concello, para afrontar a situación derivada da crise de COVID-19 e agora, que se publicaron os datos, entenden que non será posible.

“O goberno local gastouse o remanente existente e opta por facer unha modificación orzamentaria de máis dun millón de euros. Tendo en cuenta que o destinado a axudas serán 500.000 euros chámanos a atención que a modificación sexa moito maior, sobre todo cando acaban de aprobar un orzamento para este ano que segundo o Goberno local recollía todas as partidas necesarias”, explican os populares.

Por iso, o Partido Popular solicita ao Goberno local a división do expediente. “Queremos que se reflicta o importe exacto que será destinado a axudas derivadas do COVID-19 e coñecer a que se destina o resto da modificación”.

Por outra banda, os populares insisten en incrementar as axudas a autónomos, empresarios e veciños ata polo menos un millón de euros, o dobre do proposto polo actual bipartito (BNG-PSOE) porque cun orzamento de 22 millóns de euros non é de recibo destinar tan só un 2% a axudas. “Eles propoñen 500.000 euros e parécenos insuficiente, hai moitas persoas en Ponteareas afectadas pola situación e isto segue prolongándose. Temos que axudarlles”.

 “Esperamos que tanto o Goberno local como o grupo ACIP coincidan connosco en ampliar esta axuda ata un millón de euros, xa que ultimamente, os independentes, aliñanse co actual alcalde Represas priorizando os intereses partidistas ao interese xeral dos nosos veciños”.

This Post Has One Comment

  1. erjilopterin

    Do you have a spam problem on this blog; I also am a blogger, and I was wondering your situation; many of us have developed some nice procedures and we are looking to trade solutions with other folks, be sure to shoot me an e-mail if interested.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.