Reveriano Soutullo Ponteareas 1 1170×530

O AUDITORIO MUNICIPAL ESTÁ SEN SERVIZO DE MANTEMENTO DESDE O ANO 2015

  • O goberno non realiza ningún tipo de mantemento sobre este local municipal, que foi reformado en 2011, do mesmo xeito que sucede con outros espazos como a piscina municipal.
    .
  • “Non sabemos se teñen algún interese oculto en que estas infraestruturas sufran un desgaste como o que se está evidenciando”.
    .
  • «No caso de que sexa un problema estructural, como di o alcalde, ten que pedir responsabilidades xa a empresa constructora e a Deputación de Pontevedra, administración que promoveu a obra, xa que deberían saber que existe un seguro a dez anos para cubrir este tipo de erros”.  
.
Ponteareas, 31 de xaneiro de 2020.- O PP lamenta que o actual Goberno local non realice os mantementos necesarios aos edificios de propiedade municipal e siga culpando a gobernos anteriores da súa nefasta xestión.
.
“O auditorio , que foi reformado hai nove anos, non conta con servizo de mantemento a pesar de que se está utilizando diariamente. Ante a denuncia de filtracións o alcalde debería solicitar un informe á arquitecta municipal para saber se son problemas de mantemento ou defectos estruturais, porque é posible que a cuberta non esté preparada para soportar as últimas actividades autorizadas polo alcalde Represas, como a instalación de carpas e atraccións sobre a mesma”.
O auditorio , que foi reformado hai nove anos, non conta con servizo de mantemento a pesar de que se está utilizando diariamente
Ademais o PP, lémbralle ao alcalde, que segue pendente a reforma da cuberta da piscina municipal, “cuestión que foi aprobada en pleno e da que nada de sabe a día de hoxe. Nin un só euro nos orzamentos do ano 2020” e advirte que se hai que falar de chapuzas e solicitar responsabilidades empezaranse polas recentes obras de da rúa San Roque, Avenida de Galicia e as do Alto da Gloria.
Se hai que falar de chapuzas e solicitar responsabilidades empezaranse polas recentes obras de da rúa San Roque, Avenida de Galicia e as do Alto da Gloria
Os populares lamentan que despois de cinco anos no Goberno, o alcalde nacionalista, Xosé Represas, continúe coa crítica, coma se fose oposición e non se poña a traballar polos veciños de Ponteareas.
.
“Leva desde 2015 sendo alcalde deste municipio e parece que todo segue sendo culpa do PP. A súa falta de xestión e de traballo pálpase a diario nas rúas do municipio. Se despois de 9 anos o auditorio ten as filtracións serán debidas a falta de mantemento, na rede de pluviais pola falta de limpeza dos sistemas de drenaxe, nas baixantes, sumidoiros ou polo simple levantamento dalgunha lousa de pedra ou algunha xunta de dilatación, ou mesmo derivado do anclaxe na superficie da praza do auditorio de diferentes carpas, furando o pavimento de pedra co que se danaría a capa de impermeabilización instalada no seu día”.
.
O PP aclara que, no caso do auditorio, a reforma efectuada no 2011, xunto coa impermeabilización da praza, nunca deu problemas. “Deixamos o goberno en 2015 e non houbo unha soa filtración nin na sala principal nin na multiusos. En caso de que sexa un problema estructural o alcalde ten que pedir responsabilidades xa a empresa constructora e a Deputación de Pontevedra, administración que promoveu a obra, xa que deberían saber que existe un seguro a dez anos para cubrir este tipo de erros”.