O PP DENUNCIA QUE NON RECIBIU O DOCUMENTO DOS ORZAMENTOS PARA 2020

O PP DENUNCIA QUE NON RECIBIU O DOCUMENTO DOS ORZAMENTOS PARA 2020 E QUE SE DECATOU DA INTENCIÓN DE APROBALOS POLA PRENSA

  • Os populares lamentan a falta de transparencia e o pouco respecto que o alcalde, Xosé Represas, está a ter cos grupos da oposición.
  • “Parece que tentou un acordo, errado, cos sindicatos para tentar aprobar os orzamentos, o día despois de Nadal, o documento máis importante que ten calquera concello”.
.
Ponteareas, 19 de decembro de 2019.- O PP lamenta a falta de respecto que ten o actual alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, que continuamente obstaculiza o traballo da oposición.
.
Neste caso os populares denuncian decatarse polos medios de comunicación da intención do alcalde de aprobar os orzamentos de 2020. “Non temos ningunha información respecto diso máis que o publicado estes días polos medios de comunicación. Descoñecemos o documento e parécenos moi grave que non se nos informe. O noso partido xa presentou unha serie de solicitudes para que sexan tidas en conta nese documento. Valoramos acudir aos tribunais se o alcalde non nos facilita e cumpre co prazo que marca a lei”, explican os populares.
.
Por outra banda o PP considera que o enfado dos sindicatos é lóxico, xa que dende que a situación económica do Concello mudou e é positiva (ano 2016) levan escoitando falsas promesas en relación ás súas melloras salariais. “Mantivemos varias reunión cos diferentes representantes sindicais e entendemos o seu enfado. Represas fala de crear novas prazas, o seu antollo, e aínda ten sen cubrir as aprobadas no pleno, por non falar dos cartos que debe o Concello aos actuais traballadores. Non cumpre cos actuais empregados e quere incrementar o gasto con máis persoal”.
.
O PP considera que Represas escolleu estas datas tan sinaladas para tentar aprobar un documento, e que ninguén se decate. “En pleno Nadal, para que nin podamos estudar os expedientes nin os veciños poidan coñecer o documento con profundidade. A súa actitude non é dun demócrata”, critican os populares.
«Valoramos acudir aos tribunais se o alcalde non nos facilita a documentación do orzamento para 2020 dentro dos prazo que marca a lei”