PRETO DE 300 PERSOAS PARTICIPARON NO XANTAR DE NADAL ORGANIZADO POLO PP DE PONTEAREAS

-Á cita acudiron o presidente provincial, Alfonso Rueda, a deputada Ana Pastor e varios alcaldes e portavoces da comarca do Condado Paradanta.

-Villar agradeceu aos seus a mobilización realizada, felicitou as festas e desexou que no 2020 “sigamos tendo a Feijóo como presidente na Xunta”.

-Rueda advirte que a división do voto beneficia ao PSOE.

Ponteareas, 2 de decembro de 2019.- O PP celebrou a súa tradicional comida do Nadal, nun restaurante local, á que acudiron preto de 300 persoas.

O presidente provincial, Alfonso Rueda, a deputada, Ana Pastor, e varios alcaldes e portavoces populares acompañaron á presidenta local, Belén villar, para felicitar as festas aos veciños da Vila do Corpus.

Rueda aproveitou a ocasión para lanzar unha mensaxe en clave autonómica solicitando unidade aos seus e advertindo que “quen non pode gobernar a súa casa, non pode gobernar un país”.

Villar, agradeceu a mobilización realizada polo seu equipo, “cada comensal pagou 25 euros polo seu prato, non é fácil que a xente se anime porque decembro é un mes de moitos gastos”. Felicitou as festas aos asistentes e ademais de desexar saúde, paz e amor, pediulle ao 2020 que lle permita aos galegos seguir tendo un presidente da Xunta como Alberto Núñez Feijóo”.

Pola súa banda Ana Pastor, a número dous en Madrid, tamén felicitou o Nadal e asegurou que o PP sempre terá a Ponteareas no mapa a nivel estatal. Comprometeuse a impulsar o proxecto de ampliación da EDAR, aínda que o PP non goberne, porque dixo que no se poden perder os cartos destinados polo goberno de Mariano Rajoy a Ponteareas.