Captura De Pantalla 2019 11 26 A Las 15.15.42

O VALEDOR DO POBO ADMITE A TRÁMITE A DENUNCIA INTERPOSTA POLO PP SOBRE A COMPATIBILIDADE DE ROBERTO MERA E SOLICITA EXPLICACIÓNS AO CONCELLO

-Os populares puxeron en coñecemento do Valedor do Pobo a anómala situación na que se aceptou que o edil puidese exercer como concelleiro en dedicación exclusiva e como avogado no mesmo municipio sen ningún tipo de limitación.
– O Valedor do Pobo dá a razón aos populares e esixe explicacións ao Concello ante a aprobación desta compatibilidade.
 
Ponteareas, 25 de novembro de 2019.- O Valedor do Pobo admitiu a trámite a denuncia interposta polos populares na que se informou de que o edil Roberto Mera, recibindo un trato diferente a outros traballadores municipais, conseguiu no pleno unha compatibilidade para exercer como edil con dedicación exclusiva e avogado no municipio de Ponteareas.
O PP alertou no seu día á corporación que non era lóxico, dada a natureza do seu oficio, que se aprobase esta compatibilidade sen ningún tipo de limitación, xa que se incorría nun choque de intereses. “No debate deixamos ben claro que estamos a favor das compatibilidades, pero neste caso estamos a salvagardar os intereses dos veciños de Ponteareas. Non é posible que un edil con dedicación exclusiva exerza tamén como avogado no propio termo municipal xa que a outros empregados prohibíuselles argumentando un “claro conflito de inteteses”.Non se entende este trato diferente por parte do alcalde co seu compañeiro Roberto Mera”, explicaron os populares.
Para o PP a decisión aprobada por BNG e PSOE é un claro trato de favor cara a unha persoa que sempre foi moi crítico con este tipo de cuestións e que ademais exerce a abogacía, polo que debería “dar un mellor exemplo” e coñecer perfectamente o funcionamento da administración.
O PP agradece ao Valedor do Pobo que tivese en consideración esta denuncia e espera que o alcalde e o concelleiro afectado poidan dar as explicacións que este organismo reclámalles.