PONTEAREAS QUEDA SEN SERVIZO DE AXUDA NO HOGAR POLA NEFASTA XESTIÓN DO BIPARTITO BNG-PSOE

-En marzo de 2019, o alcalde recibiu unha resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia que estimaba a denuncia interposta pola Asociación Estatal de Entidades de Servizos de Atención a Domicilio.

-O alcalde, que ocultou á oposición dita demanda e resolución, decretou onte a suspensión do contrato e a nulidade dos pregos de claúsulas administrativas.

-Os populares solicitan a convocatoria urxente da Comisión de Servizos Sociais. Máis de 70 familias veranse afectadas por esta decisión do bipartito, que xa no seu día criticou o Partido Popular.

Ponteareas, 15 de outubro de 2019.- O Grupo Municipal do PP de Ponteareas lamenta o escurantismo e a nefasta xestión deste goberno bipartito, que en marzo de 2019, foron coñecedores da decisión do Tribunal Administrativo de Contratación Pública dá Comunidade Autonóma de Galicia de admitir a trámite a denuncia interposta pola Asociación Estatal de Entidades de Servizos de Atención a Domicilio.

“Mantivérona en segredo ata onte, día no que o alcalde Represas viuse obrigado a decretar a nulidade do contrato. Ponteareas queda sen servizo de axuda no fogar. Máis de 70 familias veranse afectadas por esta decisión. No ano 2018 o alcalde incrementou nun 25% o custo do servizo de atención a domicilio que viña prestando unha empresa privada. Represas privatizou o servizo durante catro anos por case tres millóns de euros. O PP advertiu que os pregos non cumprían e que o expediente era erróneo, pero non acudiu aos xulgados. Si o fixo a Asociación Estatal de Entidades de Servizos de Atención a Domicilio, que presentou un recurso ao expediente e o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia deulles a razón, comunicando en marzo de 2019 ao Concello de Ponteareas a resolución que obrigaba a anular o acordo levado a pleno no seu día”, explican os populares.

Ante o decreto do alcalde publicado onte, o PP decidiu solicitar a convocatoria urxente da comisión Informativa de Servizos Sociais porque “isto non afecta só as familias que fan uso do servizo, senón aos traballadores que o prestan”.