PHOTO 2019 04 10 22 18 58 2

Florencio Porto , José M. Rodríguez e Manuel Regueira ocuparán os postos 8,9 e 10 da candidatura de Belén Villar

  • Florencio Porto, natural de Guláns, é Licenciado en Criminoloxía, recén xubilado da Policía Local de O Porriño e Secretario da Fundación Guláns.

 

  • José M. Rodríguez, reside en Guláns, exerce como celador no Hospital Meixoeiro dende 1991.

 

  • Manuel Reguera, natural de Ponteareas, preside o Club de Tenis do municipio. Presidente da Traída de Augas de Parada-Rocha. Exerce como comercial industrial.

 

Ponteareas, 11 de abril de 2019.- A voceira e candidata do Partido Popular segue desvelando os nomes das persoas que forman a cabeceira da súa candidatura.

 

O número oito será ocupado por Florencio Porto , natural de Guláns. Licenciado en Criminoloxía. Xubilado dende abril de 2019. Exerceu como Policía Local do Porriño durante 37 anos, sendo na última etapa Oficial Xefe. Na actualidade exerce como Secretario da Fundación Guláns.

 

No número nove, José M. Rodríguez, reside en Guláns e exerce desde o ano 1991 como celador no Hospital Meixoeiro de Vigo. Conta cunha amplia experiencia no sector social e sanitario.

 

Na posición 10, Manuel Regueira, natural de Ponteareas e residente en Xinzo. É o presidente do Club de Tenis de Ponteareas e presidente tamén da Traídas de Augas de Parada-Rocha. .Actualmente exerce como comercial industrial.

 

Villar agradeceu o seu compromiso co proxecto para Ponteareas e avanzou que o número 11, número da maioría, será ocupado por un mozo especializado en Deportes e cunha forte vinculación na vila.