Belén Villar considera unha prioridade aprobar o Plan Xeral se é elexida alcaldesa

Ponteareas, 4 de abril de 2019.- A voceira e candidata do PP á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, avanzou hoxe outra das súas propostas electorais: a aprobación do Plan Xeral. “O documento está parado por culpa do alcalde e Ponteareas non pode medrar sen a súa aprobación. Represas e o seu goberno tripartito non aprobaron o Plan Xeral neste mandato, porque non teñen o documento analizado nin presentada unha proposta ao Pleno. É falso que a Xunta fixese o documento que manexa o Goberno, porque a Xunta non fai plans urbanísticos, tan só infórmaos en base á Lei do Solo. Neste caso, ademais, a Xunta non coñece o documento definitivo porque aínda non foi enviado”, afirmou Belén Villar.

A candidata do PP explicou as medidas que tomará se é elixida alcaldesa, xa que a aprobación do PXOM é unha prioridade absoluta. Por tanto:

  • No rural, eliminar a diseminación (separación) dos núcleos de vivendas. Revisar o crecemento futuro en cada parroquia e apostar polo crecemento no rural de novas edificacións. Revisar as vivendas fóra de ordenación. Revisar lindes entre parroquias e con outros municipios. Colocar correctamente o nome dos barrios que están fóra de lugar

  • No centro urbán, revisar as diferentes áreas de crecemento e edificabilidade

  • Aprobar un Plan Parcial para A Lomba. Ter uns terreos industriais onde as empresas existentes poidan crecer e as novas poidan instalarse e xerar emprego

Así, Belén Villar considera que Ponteareas non pode permanecer máis tempo sen o Plan Xeral e “por iso comprométome a que sexa unha das miñas prioridades”, concluiu.