Foto Trafico Ponteareas

Belén Villar lamenta que o Goberno central abandoe á N-120 e teña que ser o Concello o que se gaste 115.000 euros en iluminar a estrada

Ponteareas, 2 de abril de 2019.- A voceira e candidata do PP á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, lamenta que teña que ser o Concello de Ponteareas, e non o Goberno central, o que invista en melloras na estrada N-120.

Sendo como é, unha vía de titularidade estatal, o normal é que o Ministerio de Fomento pague as melloras e as reformas, non os cidadáns de Ponteareas”, critica Villar.

No pleno extraordinario, que se celebrou hoxe, o alcalde levou unha moción para investir 115.000 euros en iluminación da N-120. “Isto amosa que a reunión que tivo lugar, hai unhas semanas, na Subdelegación do Goberno, con representantes do Ministerio de Fomento, non serviu para nada. Non hai ninguna intención de investir nesta estrada, foi un paripé para contentar ao alcalde e a Garrote, pero nada máis”, afirma Belén Villar. “Incluso a tenente de alcalde dixo que nesa reunión acordouse que Fomento xa comezaría coas obras de reforma, afirmando que o Goberno central se encontraba, meses momentos, co proceso de licitación de proxectos entre o que se incluía o das obras de seguridade na N-120″. Unha mentira. Ademais, con esta iniciativa de Represas, da a impresión de que renuncian aos 6 millóns de euros que estaban presupostados”.

É triste que se nos estea a utilizar deste xeito. Os cidadáns de Ponteareas non nos merecemos isto, non nos toman en serio e o primeiro que se ri de todos é o alcalde”, conclúe a voceira do Partido Popular.