5ac76e9b40 20180406 Patxot Pleno Deputacion 659

PSOE e BNG votan en contra da moción, debatida na Deputación, para apoiar as reivindicacións da Plataforma da N-120

  • Votan en contra de manter e executar as partidas orzamentarias para a Variante e a N-120
  • “Non apoian nin defenden aos veciños nesta demanda de hai anos”, afirma Belén Villar

Ponteareas, 04 de marzo de 2019.- PSOE e BNG votaron, esta mañá no Pleno da Deputación provincial de Pontevedra, en contra da moción, presentada pola deputada do PP Belén Villar, para apoiar as reivindicacións da Plataforma da N-120. No texto debatido, instábase ao Goberno central a manter os proxectos da Variante-Circunvalación de Ponteareas e a mellora da seguridade na N-120.

Villar lamentou que tanto BNG como PSOE non apoiasen nin defendesen aos veciños nesta demanda de hai anos. “É incrible que o deputado do BNG, Rafael Mosquera, do mesmo partido que o alcalde de Ponteareas, dixese que daba igual votar a favor que en contra. Tamén é sorprendente que o PSOE, o mesmo partido que a tenente de alcalde de Ponteareas, votase en contra. Está claro que a ningún lle importa nin a Variante nin as melloras na N-120, ambas revindicacións case históricas”.

Nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, comprometíase un investimento plurianual de 21 millóns de euros na execución da Variante, pero o goberno de Pedro Sánchez eliminou a totalidade da cantidade. Asimesmo, comprometíase, para a mellora da N-120, 6 millóns de euros, que o goberno do PSOE reduciu a 100.000 euros. Agora, coas enmendas presentadas á totalidade, os Prespupostos non saíron adiante e quedaron prorrogados. Así, nesta moción ínstábase ao Ministerio de Fomento a manter a partida orzamentaria de 21 millóns nos Orzamentos Xerais de 2019 para a construción da Variante de Ponteareas, por ser unha infraestrutura estratéxica tamén para toda a comarca do Condado. Tamén apremiábase a contratar e executar as obras da Variante tan cedo como se contase co proxecto construtivo, nos termos pactados e acordados entre tres administracións (Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Ponteareas), recollidos no protocolo asinado en 2015.

Por último, ínstabase a manter a partida orzamentaria de 6 millóns de euros para as melloras da N-120 ao seu paso por Ponteareas, para dar resposta ás demandas veciñais que denuncian a grave situación de inseguridade viaria con 16.000 vehículos diarios e unha alta siniestralidade.

Por outra banda, tamén pedíase á Xunta de Galicia que licitase e redactase o proxecto construtivo da Variante en canto asinase o convenio de colaboración citado anteriormente.

“Queda claro que o PP seguirá apoiando esta reivindicación, sen saber quen gobernará no Estado despois das eleccións xerais, mentres que PSOE e BNG, con este voto en contra, xa manifestan que non é unha infraestrutura prioritaria para eles”, engade Belén Villar.