FOTO

A Xunta vén de publicar que outorgou case 400.000 euros ao Concello de Ponteareas para a formación de persoas traballadoras desempregadas

Ponteareas, 21 de febreiro de 2019.- A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, vén de publicar a concesión dunha serie de subvencións a diferentes concellos e organizacións de Galicia.

Así, ao Concello de Ponteareas outorgoulle 398.371 euros dentro da súa programación de accións formativas dirixidas, prioritariamente, ás persoas traballadoras desempregadas, correspondente aos exercicios 2017 e 2018. Deste xeito, 125.691 euros corresponden á anualidade de 2017 e 272.680 euros a 2018.

Todos os veciños de Ponteareas, traballadores desempregados, poideron optar a estas axudas para realizar cursos de formación profesional.

O Partido Popular agradece a implicación da Consellería de Economía, Emprego e Industria con este Concello e agarda que o alcalde non venda esta iniciativa coma un mérito seu, una práctica que adoita facer.