ACTO CANDIDATOS O CONDADO

Ponteareas acolleu o acto de presentación dos candidatos do PP da comarca do Condado

Ponteareas, 16 de febreiro de 2019.- O Auditorio Reveriano Soutullo, de Ponteareas, acolleu a presentación dos candidatos do Partido Popular ás Alcaldías da comarca do Condado. O acto, presidido por Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP de Galicia, tamén contou coa presenza de Ana Pastor, presidenta do Congreso dos Deputados; de Alfonso Rueda, presidente provincial, así coma de todos os candidatos da comarca: Marta Valcárcel, de Salvaterra; Ana Corredoira, de Mondariz; José A. Lorenzo, de Mondariz Balneario, Emilio Castro, de As Neves e Belén Villar, de Ponteareas.

Precisamente, esta última foi a encargada de dirixirse aos asistentes a quen lles agredeceu a súa presenza. “A vosa asistenza vén de amosar que hai gañas, ilusión e interese en mudar as cousas. Hoxe toucoume ser a min a voz dos meus compañeiros”, afirmou. “Temos que potenciar a nosa comarca porque está chea de virtudes, de boa materia prima e, sobre todo, de boa xente”.

Belén Villar centrouse en Ponteareas e asegurou que “hai un tripartito máis preocupado en resolver as súas cuestións internas que en gobernar para os veciños. Buscar o ben común, para eles, é o de menos, O único que lles interesa é perpetuarse no poder”.

A candidata de Ponteareas tamén explicou que “estes días vemos como aumentou a inseguridade cidadá ou como o alcalde vai a Madrid a arranxar o imposible: que Fomento devolva os cartos, os 27 millóns destinados á Variante e á N-120; ou como engaña aos vecinos aos que lles promete obras que nunca se executan. Os veciños están tristes, desilusionados e desanimados. O goberno actual non dá resposta ás súas inquedanzas nin ten en conta as súas demandas nin preocupacións. Nunca antes Ponteareas estivo tan abandoada”.

Belén Villar quixo adiantar que se sae elixida alcaldesa, seguirá loitando pola Variante e as melloras na N-120. “Nas próximas semanas darei a coñecer proxectos moi ambiciosos que convertirán ao noso municipio nun referente”, afirmou. E avanzou que xa tivo reunións coa Consellería de Mobilidade para entrar no Transporte Metropolitano e que os veciños estean mellor conectados e se beneficien dos descontos.

“Non nos esqueceremos dos colectivos que sustentan a esta cidade: a hostelaría, o comercio, a industria, a gastronomía e o deporte. E, por suposto, gobernarei para todos os cidadáns: disfrutaremos de mellores servizos, dunha maior seguridade e importarannos moito as parroquias así como o centro urbán”, asegurou.

Belén Villar concluiu pedindo a todos que lle trasladen cales son os problemas que perciben en Ponteareas e as súas demandas para telas en conta.

Pola súa banda, Ana Pastor, asegurou que ao PSOE non lle preocupaba Ponteareas xa que só tiñan destinados 100.000 euros para a Variante e a N-120.