PP Q55A9848

Villar solicita a Chus Garrote que deixe de inventar novos problemas e vaia a Madrid a reclamar o investimento que recortou o PSOE para a variante

-O pleno aprobou unha moción conxunta entre PP, BNG, PSOE, ACIP e ART, co voto en contra de Esquerda Unida, para instar o Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia que cumpran co protocolo de 2015

-Garrote tentou na súa intervención desprestixiar o protocolo asinado en 2015 cando a realidade é que ese documento permite agora esixir a ambas as partes que cumpran cos compromisos adquiridos

Ponteareas, 9 de xaneiro de 2019.- O PP alégrase que onte todos os partidos, excepto EU, fosen responsables e votasen a favor da moción conxunta na que se insta ao Ministerio de Fomento a que non recorte o investimento da variante de 21 a 7 millóns como propuxo no último borrador de convenio enviado en decembro á Xunta e ao Concello de Ponteareas.

Villar explicou que perdéronse moitos anos neste asunto pero que o certo é que hai dous momentos craves. “Primeiramente a firma do protocolo de colaboración en maio de 2015, sendo ministra Ana Pastor, na que se fixan os compromisos de cada administración e por último en 2018, cando o goberno de Rajoy reflicte nos orzamentos do Estado 21 millóns de euros para este proxecto. Non podemos consentir que ese diñeiro pérdase, levamos moitos anos reclamando esta vía que vai supoñer tamén unha mellora da seguridade dos nosos veciños”.

Villar quixo apoiar á plataforma da N-120 da que dixo que “representa a todos os pontareanos, xa que esta mellora é para todos, mesmo para concellos conlindantes. Ademais criticou que PSOE e EU abrisen agora o debate doutros “problemas” cando nunca existiran nin manifestaran diferenzas, nin achegaran outras solución nas diferentes reunións que levan mantido ao longo destes anos. “Agora parece que o problema é o protocolo de 2015 ou que o trazado da variante é malo, pois tiveron moitos anos para manifestalo, aquí viñemos a reclamar o que lle pertence a Ponteareas, non queiran desviar a atención do asunto”.

O PP coincide tamén co PSOE local en que a variante é unha débeda histórica desde os anos 90, nos que o PSOE construíu a A-52, unha obra incompleta que supuxo grandes problemas para este e outros municipios. “Entendemos o difícil papel da tenente de alcalde, Chus Garrote, porque o seu partido é o mesmo que deixou no seu día a obra incompleta e agora tamén quere recortar o investimento existente. Deixe de culpar á Xunta de Galicia ou de criticar a quen pertencerá a titularidade do vial, o problema está a xeralo o seu partido e debe ir cunha actitude de esixencia e non de resignación ante os seus, solicite en Madrid o investimento que pertence a Ponteareas”.