City 1487891 1920

O PP reitera que o parking no solar da fábrica de Granitos é un parche, xa que o anunciado é un aparcadoiro en superficie de terra e non soterrado tal e como necesita o municipio

-“Criticamos que en catro anos non buscasen financiamento ou unha fórmula para crear este parking soterrado, aquí ou noutra zona do centro urbano”.

-“O goberno local está molesto porque querían vender este proxecto como a súa estrela e o certo é que é un parche a curto prazo, a superficie será destinada a praza peonil, como ben recoñeceu o alcalde”.

Ponteareas, 8 de xaneirode 2019.- O PP alégrase de que o goberno local recoñeza que a superficie da antiga fábrica de Granitos será destinada nun futuro a unha praza peonil, tal e como advertiu o PP, e que por tanto o parking en superficie anunciado trátase dunha solución temporal e electoralista.

Os populares, en vista das críticas recibidas polo alcalde Represas e a súa socia, a tenente de alcalde do PSOE, Chus Garrote, matizan que en ningún caso negouse que se puidese construír alí un parking. “Dixemos que era unha necesidade pero que non estabamos de acordo coas formas, xa que o anunciado é un aparcadoiro de terra en superficie. Nunha zona que será destinada a praza peonil tal e como contempla o PXOM. Este tipo de aparcadoiros provisionais tamén foron xestionados no mandato popular pero non con un PXOM aprobado provisionalmente, a situación agora é diferente e debemos evitar estas medidas de curto prazo. Por tanto criticamos que non se buscase durante estes catro anos unha fórmula que permitise construír este parking soterrado”.

O PP tamén aclara que non se falou do parking de Praza Bugallal, que por certo conta co anteproxecto redactado e aprobado por todos os grupos políticos. “Non falamos deste parking na nosa comunicación anterior, pero xa que eles o mencionan recordarlles que é un proxecto que o actual goberno local rechazou aínda que conta con informes favorables de Patrimonio e foi aprobado por toda a corporación. Agora critícano pero no seu día apoiárono”.

O PP lémbralle ao tripartito que se alguén mentiu son eles, xa que “están a vender aos veciños unhas novas prazas de aparcadoiro que saben que no futuro máis inmediato terán que desaparecer para proxectar a nova praza peonil”.