PP B46B0479

O PP lémbralle a Represas que a súa oposición destrutiva entre os anos 2011 e 2015 foron parte da causa de que unha RPT non se puidera aprobar antes

-Ante as críticas vertidas polo alcalde pontareano acusando a Belén Villar de non ser capaz de aprobar unha RPT, o PP considera que debería estar agradecido xa que, pola contra, os populares na súa liña de facer oposición en positivo, a favor dos veciños, emite votos favorables a cuestións que cre de suma importancia para o municipio.

-“A RPT que redactou o anterior goberno do PP nunca contou co apoio de Represas (BNG), nin do PSOE, a pesar de que traballadores e sindicatos estaban de acordo”.

Ponterareas, 3 de xaneiro de 2018.-Ante as críticas vertidas polo alcalde pontareano acusando a Belén Villar de non ser capaz de aprobar unha RPT, o PP lémbralle a Represas que a súa oposición destrutiva entre os anos 2011 e 2015 foi unha das causas polas que non se puido aprobar unha RPT (Relación Postos de Traballo).

“Lembrarlle ao alcalde que a súa oposición en negativo, tendo un NON sempre en cada unha das propostas do Goberno popular, foron causa de que moitas cuestións non puidesen saír adiante. Pola contra, o PP fai unha oposición en positivo, votando favorablemente aquilo que consideramos de interese para os veciños”, afirmaron os populares.

Ademais desta oposición destrutiva o PP atopouse, en plena crise económica, cunhas solicitudes moito máis ambiciosas que as aprobadas. “Lembremos que a RPT requirida polos sindicatos por entón era de 1,1 millóns a aumentar nun ano mentres que a aprobada en decembro supón un aumento de 350.000 euros en tres anos. Sen dúbida a oferta baixou moito, se os sindicatos e traballadores agora están conformes nós alegrámonos, por iso votamos a favor, facemos unha oposición responsable”.