B46B0277

O PP presentou unha moción urxente para instar ao Ministerio de Fomento a que cumpra o convenio de colaboración do ano 2015 da variante de Ponteareas

-Aproveitando o pleno extraordinario, Belén Villar, rexistra una moción urxente ante a nova de que o Ministerio de Fomento decidiu non cumprir o convenio de 2015 e reducir a inversión das obras da Variante a 7 millóns de euros.

-“O convenio enviado polo Secretario de Estado de Infraestructuras é un despropósito que non imos a consentir, e moito menos despois de acadarse por primeira vez en moitos anos nos orzamentos do estado unha inversión de 21 millóns de euros”.

 Ponterareas, 20 de decembro de 2018.- A presidenta e candidata popular, Belén Villar, presenta unha moción urxente para debatir no próximo pleno extraordinario do Concello de Ponteareas para instar ao Ministerio de Fomento a que cumpra co protocolo de colaboración do ano 2015.

“Levamos moitos anos falando deste proxecto da Variante, non imos consentir máis atrasos. Ponteareas necesita este vial para aliviar o tráfico e mellorar a súa comunicación. A variante estaba nos orzamentos cunha inversión de 21 millóns de euros. Non entendemos este recorte. Non está xustificado. Os cartos están no orzamento estatal de 2018, e non entendemos porque agora non queren destinalos a este proxecto. Como primeira medida de presión imos presentar unha moción para debatir no vindeiro pleno extraordinario e para que todos os grupos políticos fagamos forza e non permitamos este cambio de postura” informou Villar.

O PP espera que tanto o BNG como o grupo socialista local defendan os intereses de Ponteareas e insten ao Goberno de España a modificar esta decisión que colleu a todos por sorpresa.

“Pensamos que os lideres locais de BNG e PSOE vanse posicionar a favor dos veciños e non do seu partido. Cremos e esperamos que esta moción urxente conte cun apoio maioritario e unánime”.