IMG 0942 1

Ponteareas contará coa oferta do Bacharelato de Artes no IES Val do Tea para o vindeiro curso tal e como solicitou o PP e toda a comunidade educativa

-Belén Villar reuniuse coa conselleira de Educación, Carmen Pomar, para preocuparse por esta antiga reivindicación. “Insistímoslle en que é necesario que se oferte o Bacharelato de Artes en Ponteareas, xa que ten unha alta demanda e informounos que a implantación será no vindeiro curso”.

 

Ponterareas, 11 de decembro de 2018.- A presidenta e candidata popular, Belén Villar, reuniuse coa conselleira de Educación, Carmen Pomar, para coñecer os avances que se deron para poder oferta o bacharelato de artes no próximo curso nun dos institutos de Ponteareas.

“A Consellería de Educación confirmounos que xa existe informe favorable para que no próximo curso se imparta esta modalidade en Ponteareas, en concreto no IES Val do Tea, tal e como solicitaron os directores dos tres institutos de Ponteareas, os membros da comunidade educativa e o Consello Escolar Municipal” informou Belén Villar tras reunirse coa conselleira e o director xeral de Educación.

A presidenta popular, Belén Villar, agradece á Xunta que tivese en conta esta petición xa que cumpre cunha antiga demanda do alumnado que era necesaria. “Estamos moi agradecidos á consellería por ter en consideración esta solicitude xa que é un bacharelato que ten unha alta demanda no noso municipio. Ata agora os alumnos tiñan que ir a centros de municipios veciños, como Vigo e Mos. Agora con esta modalidade en Ponteareas pódese atender a todo o alumnado da nosa comarca Condado-Paradanta”.