O PP de Ponteareas denuncia o uso de servicios municipais para un acto privado do PSOE en Ponteareas

 -A carpa utilizada na presentación da candidata Chus Garrote é unha carpa municipal instalada na Praza Maior para cubrir as actividades da Feira de Outono e Nadal do Concello.

 

Ponteareas, 5 de decembro de 2018.- O PP denuncia a utilización de recursos municipais para actos privados do partido socialista en Ponteareas, en concreto do acto celebrado o pasado domingo, 2 de decembro, na presentación da candidata socialista Chus Garrote.

Durante este mandato o PP recibiu diferentes queixas dos colectivos culturais que en máis de unha vez solicitaron tan só poder utilizar a praza maior e pola contra non lles foi permitido. “Varios colectivos solicitaron ese espacio para diferentes actividades pero o Concello non lles permitiu o seu uso. Envíanos a outras prazas menos céntricas do casco urban. Non entendemos porqué colectivos de Ponteareas non poden facer uso de ese espacio. Por outra banda, o PP lémbralle a tenente de alcalde , Chus Garrote, cun partido político non pode facer uso así dos recursos municipais que son pagados por todos os veciños”.

Ante a gravidade dos feitos o PP rexistrará unha pregunta para que Represas e o grupo socialista expliquen porqué a carpa municipal sita na praza maior utilizouse para un acto privado do PSOE en Ponteareas.