B960ceb7176d1dc423e1c5a12e6d8a73 XL

O PP solicitará no pleno a retirada de competencias de Igualdade á concelleira, Verónica Carreira, tras perder varias subvencións para o Centro de Información a Muller (CIM)

-A concelleira demostrou o seu desinterese para xestionar unha concellería que deber ser prioritaria e sensible dentro das políticas da muller.

 

Ponteareas, 19 de novembro de 2018.- O PP solicitará no próximo pleno municipal a retirada de competencias en materia de Igualdade á actual concelleira responsable, xa que por motivos descoñecidos, permitiu o desmantelamento do servizo de apoio á muller, que foi prestado ao longo destes anos a través do CIM (Centro de Información á Muller).

“Os anuncios do alcalde Represas de dotar ao CIM dunha maior autonomía e máis orzamento, convertéronse en todo o contrario. Menos persoal e perda de axudas que están a provocar que o CIM funcione de forma incorrecta. Perdéronse as axudas dos anos 2015 e 2016 achegadas pola Xunta a través da Secretaría Xeral de Igualdade , con máis de 64.000 euros tirados pola borda. Agora están a piques de perder tamén a subvención de 2017”, criticou a edil Belén Villar.

 

Esta desidia e política de improvisación está a ocasionar que o CIM teña a maior parte do día as súas portas pechadas. “O alcalde decidiu cambiar de departamento ás persoas que traballaban no centro, polo que esta falta de persoal fai que moitas mulleres, que nalgúns casos deben ser atendidas de forma urxente, teñan que solicitar unha cita previa se queren ter apoio ou ser asesoradas”.