Veronica Carrera Y Alcalde

Represas solicitou ás Traidas de Augas documentación para concederlle as axudas sen estar as bases aprobadas e obrigándoas a presentar a información pola “porta de atrás”

-Na reunión da semana pasada, Represas entregou un cadro borrador ás directivas solicitando que entregasen a documentación, orzamento da obra que solicitan, etc…cando as bases destas axudas non foron todavía publicadas.

 -O alcalde intenta “amañar” as axudas e pide ás directivas de traídas de auga que adianten a información presentando os documentos en man e non mediante rexistro, sen ter todavía publicadas as bases. O prazo de presentación terminaba onte segundo propias palabras do alcalde.

  -O PP fiscalizará tanto a forma de presentación como a documentación achegada para que o procedemento sexa seguro e non prexudique a ningunha directiva

 Ponteareas, 26 de outubro de 2018.- O PP, informado por varias directivas de Traídas de Augas, estudará se Represas está a incorrer nunha grave ilegalidade ao pedir ás directivas das traídas que presenten anticipadamente a documentación e os presupostos das obras que van pedir dentro da liña de axudas para as cales aínda non existen bases de concorrencia oficiais publicadas no BOP.

“O PP, advertido por varias directivas das Traídas de augas de Ponteareas, denuncia unha vez máis a falta de transparencia e a “cacicada” deste tripartito. Cremos que Represas na reunión celebrada a semana pasada coas Traídas de Augas cometeu unha grave ilegalidade. Entregou en man un cadro solicitando ás directivas que facilitasen a documentación necesaria xunto con presupostos de obra, para poder concederlles axudas económicas a cargo da partida orzamentaria de 150.000 euros, aprobada recentemente en pleno. Unha documentación que o rexedor informou “debíase presentar en man antes do 26 de outubro” e non a través dos cauces oportunos, como vén sendo o rexistro municipal, e dado que non hai bases publicadas nin prazo oficial para presentar a documentación, o único fin de pedir anticipadamente esta información e “pola porta de atrás”, sen transparencia é para “dirixir as axudas aos colectivos amigos”.

O PP lamenta unha vez máis a improvisación deste tripartito que en catro anos non foi capaz de xestionar nin unha soa axuda para estes colectivos, a pesar de que a Deputación de Pontevedra, consignou e entregou diñeiro ao Concello para que fose investido nas Traídas de Augas.

“Chegan tarde e mal. En tres anos e medio nin un só euro, ás portas das municipais queren sacar diante de calquera forma estas axudas, incluso incorrendo en posibles irregularidades. O PP non vai consentir que se concedan estas axudas de calquera forma e sen seguir unhas bases legais e advirte que fiscalizará todo o expediente. Represas vai ter que explicar porqué solicita información dunhas axudas das cales non hai bases e porqué solicítaa en man e non mediante rexistro”.

Ademais o PP, ante as manifestacións de Represas que culpou ao Grupo Popular de non aprobarse antes os orzamentos, lémbralle que o PP é o partido máis votado pero non o maioritario, motivo polo que non está a gobernar. “Se non foi capaz de aprobar  antes os orzamentos é porque é un alcalde que depende de PSOE, Riada do Tea e Esquerda Unida, un alcalde en absoluta minoría que cada vez que ten que aprobar algo ten que consultalo cos seus socios. Que non bote a culpa ao PP da súa falta de diálogo cos seus compañeiros de goberno, os cales o investiron alcalde”.