O Secretario do Concello obriga a Represas a retirar do pleno extraordinario a aprobación da RPT e do Convenio Colectivo porque o documento estaba cheo de erros 

-O alcalde tivo que facer caso o PP e retirar o asunto que será aprobado no vindeiro pleno ordinario, unha vez corrixan os erros

 

-Belén Villar advertiu o secretario do Concello que os informes que se adxuntaban eran erronéos polo que se dedidiu retirar a aprobación do orde do día

 

-Os orzamentos foron aprobados sen aceptarse ninguna das dez alegacións de colectivos de Ponteareas e tampouco de ningún grupo da oposición

 

Ponteareas, 11 de outubro de 2018.- O PP lamenta a política de improvisación de Represas que, unha vez máis, trouxo un asunto tan importante como son as melloras salariais para laborais e funcionarios (RPT e convenio colectivo) sen ter o documento en orde.

“Represas voltou meter a pata. Tivo que ser o PP o que informase que o expediente estaba erróneo. Os informes tanto do Interventor como do Responsable de Persoal non se correspondían coa proposta que o alcalde levaba a aprobación. Os datos eran todos erróneos. Non se podía continuar coa tramitación do expediente sen estos dous informes técnicos. O Secreterio decidiu por tanto retirar o asunto da orden do día e pospoñer a súa aprobación”, explica Villar.

Para o PP esta é unha evidencia máis da desidia de este Goberno con Ponteareas, neste caso perxudicando aos funcionarios e traballadores laborais do Concello que terán que seguir esperando por esas melloras.

 

ORZAMENTOS

Os orzamentos sí foron aprobados sen contar con ninguna das alegacións presentadas ao documento.

“Ao alcalde non lle gusta o consenso. Non quixo ter en conta as peticións de comerciantes, alfombristas, clubes deportivos, representantes sindicais e tampouco as aportacións que fixemos dende os grupos da oposición. Denegou todas as alegacións presentadas”.

 

O PP lamenta que se aprobe no mes de outubro un orzamento de 2018, cando se tiña que estar orzando o vindeiro ano 2019.

“Represas chega tarde e mal. A estas alturas do ano este documento só ten unha meta: darlle cobertura ao que Represas leva gastado sen ter partida orzamentaria prevista”.

O PP chámalle a atención que Represas aprobe a privatización de moitos servicios municipais, por valor de 3,6 millóns de euros, despois de defender sempre a municipalidade dos mesmos.

Por outra banda o PP advirte que fiscalizará as subvencións que se otorgan “a dedo” xa que incrementáronse nun 60%, un 1,5 millóns de euros dende que están no Goberno local.