O alcalde Represas négase a acordar o orzamento de 2018 e por capricho perde a votación para poder celebrar o pleno no que debería ser aprobado

-O PP lamenta que a convocatoria dun tema tan importante como son a aprobación dos orzamentos fíxose a correr, sen acordar e pola vía de urxencia.

 -O PP non aceptará a proposta e solicita explicacións a Represas e o seu goberno que decidiron desestimar todas as alegacións presentadas ao documento.

Ponteareas, 20 de septiembre de 2018.- O PP de Ponteareas lamenta unha vez máis a improvisación de Represas e o seu goberno tripartito que trouxeron por vía de urxencia a aprobación dos orzamentos sen incluír nin unha soa das alegacións presentadas pola oposición e os diferentes colectivos do municipio.

Represas e o seu goberno quedáronse sós no seu capricho de tentar aprobar uns orzamentos que non velan polo interese xeral dos veciños de Ponteareas. Represas non puido celebrar o pleno porque todos os partidos da oposición votaron en contra da súa celebración, xa que non quixo acordalo previamente. “Xa o pasado venres, en comisións informativas, os 11 concelleiros da oposición, advertímoslle que se necesitaba diálogo para chegar a un acordo neste tema. Represas, polo contrario, decidiu non acordar nada e agora pagaremos todos o seu capricho. Lembrámoslle ao señor Represas, que cobra por cada asistencia, que a brevísima sesión plenaria de hoxe é pagada por todos os veciños de Ponteareas e instamos a que deixe os seus caprichos a un lado e empece a gobernar cunha axenda clara”.

O PP lamenta esta falta de consenso por parte de Represas e o seu tripartito e advírtelle que deberá explicar porqué non aceptou nin unha soa alegación das que se fixeron ao documento. “Xa non só falamos das propostas deste partido, senón de moitas outras que viñan de colectivos importantes da nosa vila, que tampouco son tidas en conta”.