776156f3 40f2 4611 A8c8 2ff45cded084

O PP de Ponteareas denuncia unha vez máis o estado de abandono da Freixa e a súa praia fluvial

Ponteareas, 19 de septiembre de 2018.- O PP de Ponteareas lamenta o estado de deterioración no que se atopa A Freixa. “É unha pena que unha praia fluvial como a que temos en Ponteareas e que é unha alternativa fantástica ás praias de Vigo, atópese nese estado de abandono total por parte deste Goberno tripartito”, explicou Villar.

“Está a piques de terminar o verán e a situación non cambiou, foron moitos os usuarios que se queixaron da falta de mantemento, mesmo houbo queixas porque non se recollían os cubos de lixo”.

A situación actual do río coa acumulación de follas, os restos orgánicos, a pouca corrente existente, a calor e a propia barreira de boias, non deixa circular a auga e leva á putrefacción en superficie, o que imposibilita o baño e co risco sanitario que supón. De feito o PP asegura que debido a este mal estado xa apareceron varias troitas mortas.

 

Belén Villar urxe ao alcalde Represas, sempre tan preocupado polo Medio Ambiente cando estaba na oposición, a que poña remedio a esta situación. “É inexplicable que A Freixa atópese neste estado de abandono. Un lugar que debería ser pontenciado para o ben do noso turismo e para o propio lecer dos nosos veciños”.

O PP tamén se pregunta porqué o goberno tripartito presume de que creará novos parques e zonas verdes se non é capaz de coidar os existentes.