Reunion Belen Francisco Hernandez – Infraestructuras

O PP de Ponteareas solicita a Infraestructuras da Xunta melloras na PO-254 Ponteareas-Mondariz

Belén Villar reúnese con Francisco Menéndez para trasladarlle as necesidades dos veciños de Bugarín, Prado e Pías con respecto á estrada que une a nosa vila con Mondariz

Ponteareas, 13 de setembro de 2018

Belén Villar, presidenta e portavoz do PP de Ponteareas, reuniuse a semana pasada con Francisco  Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestruturas, para expoñer a problemática da PO254 Ponteareas-Mondariz, ao seu paso polas parroquias pontareanas e solicitar unha serie de melloras para subsanar as dificultades coas que se atopan os veciños á hora de saír e entrar cos seus vehículos nos diferentes accesos.

Desde o PP de Ponteareas solicitamos á Axencia Galega de Infraestruturas que se melloren as interseccións da PO254, ao seu paso polas parroquias de Bugarín, Prado e  Pías, mediante a construción dunha serie de carrís de espera para mellorar a visibilidade e co fin de evitar accidentes de circulación.

Entre outras actuacións, Belén Villar solicitou a Francisco  Menéndez que se fagan uns carrís de espera e incorporación na parroquia de Bugarín, no cruce que vai á igrexa parroquial e tamén na entrada á Freixa. Tamén apuntou que era de gran importancia mellorar a intersección na subida á igrexa de Prado. E con respecto á PO254 ó seu paso por  Pías, Belén Villar sinalou que aínda que a intersección xa conta cun carril de espera, sería necesario volver pintar as marcas viarias en aras de incrementar a seguridade na zona.