Calculate Calculator Close Up 221174

O goberno de Ponteareas paga fora de prazo a proveedores a pesar de ter no banco un millón e medio de euros

Segundo os datos que o goberno de Ponteareas enviou ao Ministerio de Facenda a data 30 de xuño, as facturas a proveedores están a ser pagas a 84 días.

As Administracións públicas e as entidades que dependen das súas arcas contan cun prazo legal de 30 días para pagar as facturas aos seus proveedores e prestadores dos servizos que contratan. Á pechadura do segundo trimestre do ano 2018 atopámonos con que o goberno de Ponteareas está pagando a 84 días as facturas dos seus proveedores, incumplindo a súa obrigación e chegando case a triplicar o prazo legal. Feito que para nada se entende cando o concello actual goza dun bo estado económico e financeiro, tal e como o tripartito presume.

Desde o PP de Ponteareas non entendemos este elevado nivel de morosidade cando non hai necesidade de pagar aos proveedores tan fóra de prazo, xa que o Señor Represas conta cun millón e medio de euros no banco. Recordámoslle ao goberno que as administracións públicas teñen un prazo legal de 30 días naturais para pagar aos seus proveedores. Pasado ese tempo, as empresas teñen dereito a esixir intereses de demora.

Parece que con este goberno tripartito as facturas acumúlanse durante cada vez mais tempo no despacho da alcaldía e fan esperar a autónomos e pequenas empresas case tres meses para cobrar polas súas obras e servizos. Esta lentitude en pagar é un grave risco polos intereses de demora que calquera das empresas pode reclamar ao Concello ao non cumplir coa Lei de Morosidade cando o goberno ten diñeiro no banco para facer fronte a esas facturas, polo que eses intereses de demora innecesarios serán froito da incompetencia, mala xestión e cultura do despilfarro que impuxo o tripartito en Ponteareas.