20180822 122139 – 24ago2018

O Castro de Troña, un dos reclamos turísticos máis importantes de Ponteareas, en estado de abandono en pleno mes de agosto

– Manter, conservar e pór en valor este recurso turístico de Ponteareas, declarado
como BIC, debería ser unha prioridade para o goberno.

Unha vez máis desde o PP de Ponteareas vémonos na obriga de denunciar públicamente o
estado de absoluto abandono no que se atopa un dos reclamos turísticos máis
importantes do noso concello e da comarca. Limitarse a limpar únicamente parte dos
accesos, o torreiro e algunhas das edificacións para a actividade da visualización da choiva
de estrelas, que tivo lugar recentemente, é un “lavado de cara” insuficiente, por non falar
do perigo de deixar os restos da limpeza no propio lugar, propiciando así os riscos de
incendio.
É, cando menos, preocupante a falta de interese deste goberno polo patrimonio, os
recursos turísticos e a protección medioambiental das súas propiedades. O Castro de
Troña, declarado como Ben de Interese Cultural desde o ano 2009, é un recurso que hai
que coidar non só por todo o potencial turístico que ten e o que iso conleva, senón
porque trátase dun patrimonio cultural que hai que conservar.
Despois de que o pasado outono o Castro de Troña, de titularidade municipal, ardera pola
falta de limpeza e mantemento, o Señor Represas contratou unha empresa que o que fixo
foi cortar os paus das mimosas ardidas e deixáronos alí mesmo enriba das propias
edificacións. Esta madera, agora reseca, é o caldo de cultivo ideal para que volva a arder.
Ademáis de perigoso, á vista dos visitantes da unha imaxe de abandono total. De feito,
son numerosas as queixas tanto dos visitantes como das institucións implicadas no
turismo cultural polo estado de abandono e falta de mantemento que presenta o Castro
de Troña.
Desde o PP reiteramos a nosa preocupación e pedímoslle ó tripartito que se preocupe por
manter, conservar e pór en valor este recurso turístico tan importante para Ponteareas.