Desde que goberna o tripartito a recadación de impostos e taxas en Ponteareas incrementouse e superou no ano 2017 os 7,11 millóns de euros

Aquelo de “baixar os impostos é de esquerdas” non vai co Señor Represas

A liquidación das contas do ano 2017 reflexa que este goberno tripartito recadou só en impostos e taxas mais de 7,11 millóns de euros, incrementándose nun 10% o que se recadaba neste concello fai 3 anos. Parece que o goberno de Ponteareas non pensa subirse ao carro da baixada impositiva, a pesar de prometer en múltiples ocasiones reducións en impostos importantes, como poden ser o IBI ou no Imposto de Vehículos. Desde o PP de Ponteareas apuntamos que o máis grave non é iso, senón que lonxe de baixar estes impostos que tanto anunciaran, cada vez vaise incrementando máis esta recadación.

O imposto do IBI recadou con este goberno no ano 2017 e según os últimos datos facilitados polo goberno municipal da liquidación da conta, un importe de 2.859.668 euros, fronte aos 2.491.686 euros que se recadaron no ano 2014, un 15% mais. E o mesmo sucede con outro dos impostos que mais recada como é o Imposto de Vehículos que no ano 2014 ingresou 1.065.457 euros, e no ano 2017, con este goberno tripartito, ingresou 1.113.477 euros.

Hai momentos nos que se poden subir impostos e noutros baixalos, a xulgar polo bo estado económico e financeiro no que se atopa o concello na actualidade, tal e como eles presumen, o goberno debería empezar a cumprir as súas promesas e baixar eses impostos que non fan outra cousa que afogar ao contribuínte. Pero parece que o afán recadatorio imponse, non hai máis que ver a evolución da recadación en impostos e taxas en Ponteareas que dende que gobernan aumentou un 10%.

Hai gobernos que conxelan impostos, outros que os baixan e outros como o do Señor  Represas que prefiren recadar, no canto de reducir a presión fiscal aos veciños. O feito é que este goberno que se di progresista converteuse en recadador, o seu obxectivo parece ser asfixiar aos veciños, mentres van vendendo que fan grandes políticas de progreso e benestar social para os ponteareáns.

En resumidas contas si este era o goberno de esquerdas que ía baixar os impostos, coas últimas contas que presentan do ano 2017 demóstrase que todo era unha falacia e que non cumpren con nada do prometido.