O Sr. Represas utiliza más de 381.000€ das prazas vacantes de persoal para gasto corrente

-O PP de Ponteareas vai impugnar un decreto que firmou o Sr Alcalde nestes días para reducir créditos orzamentarios do capítulo 1 de Persoal e transferilos a gasto corrente, porque deixa sen crédito suficiente algúns servizos municipais co cal non poderá cumprir o compromiso das melloras salariais

O Sr Represas acaba de firmar nestes días un Decreto por importe de 381.000€ que vai destinar a dar cobertura a facturas e compromisos de gasto corrente que xa realizou e para os que non ten crédito orzamentario, co cal non pode contabilizar as facturas.

Para sorpresa deste grupo político, afirma Belén Villar, estos mais de 381.000€ vainos retirar do capítulo 1 de persoal, gastando así o 46% do importe que se corresponde as prazas vacantes, e que según o Sr Alcalde ía reservar para as melloras salariais dos traballadores e para a amortización das licencias dos taxistas.

Novamente estamos ante outro engano deste goberno, tanto cos traballadores municipais como cos grupo políticos que conformamos a Corporación municipal, porque estase negociando un orzamento para este ano, no que o Goberno tripartito non quere asumir nada do que o PP lles está a pedir, como son entre outras cousas, 300.000€ para continuar co saneamento nas parroquias, ou 300.000€ para por en marcha o Plan Parcial da Lomba tan necesario para a creación de emprego no noso municipio, para a instalación de novas empresas no pobo e por suposto para a regularización de moitas das existentes que teñen problemas para crecer, pero para isto non hai cartos, e en cambio para aumentar o gasto corrente en case 400.000€ sí teñen.

Neste momento o Goberno está a traballar co orzamento prorrogado do ano 2016 que eles mesmos fixeron e aprobaron, e que tamén según eles, contiña partidas reais e axustadas o que evitaría as modificacións orzamentarias. Xa vemos que isto non deixou de ser mais que un retórico discurso, coma otros tantos ós que este Goberno tripartito nos ten acostumados.