O PP denuncia que os baños da planta baixa do Centro Social levan semanas pechados

O PP denuncia que as instalacións do Centro Social ubicado na rúa Oriente, van en decadencia cada dia que pasa con este goberno tripartito. Despois de levar pechada a cafetería dende fai meses agora os baños da planta baixa tampouco se poden utilizar fai semanas, o que provoca multitude de queixas entre os usuarios do centro.

Parécenos incrible que o Goberno local, teña aberto un centro municipal sen baños, cando nesas dependencias atópase a Oficina do Padrón, á que acuden cada día moitos cidadáns. Ademais varios días a semana un grupo de persoas participan en clases de ximnasia que se levan a cabo na sala da planta baixa dese centro social, e cando menos os sábados pola tarde-noite de cada semana tamén está repleto de usuarios, porque se celebra baile ó que maioritariamente asisten persoas maiores.

Segundo Belén Villar, portavoz do PP, despois de que varios usuarios nos puxeran en coñecemento que os baños da planta baixa do Centro Social levaban semanas pechados, visitamos as dependencias en varias ocasións e a diferentes horas, por si era algo puntual, pero puidemos comprobar que efectivamente era así, tanto os baños de homes como o de mulleres están pechados con chave e isto non é algo dun día nin dunha semana.

Sobre esta cuestión o grupo municipal do Partido Popular de Ponteareas preguntará no próximo Pleno porqué están pechados eses baños, si é legal que unhas instalacións municipais abertas ao público non teñan baño, e cando pensa o Goberno polos en funcionamento, abrindo ao público e facéndolles a limpeza diaria necesaria para que os usuarios poidan facer uso dos mesmos en condicións de salubridade e hixiene.