88a07779463fcb36b69aa3ddbde1a262 L

Desde o PP de Ponteareas pedimos ao PSOE que se centre en traballar

O feito de compartir unha reflexión dunha páxina nun perfil persoal en redes sociais non quere dicir que se comparta ideoloxía coa devandita páxina, tal e como denuncia o PSOE.

Tras a recente petición do PSOE de dimisión dun dos edís do PP de Ponteareas por un contido compartido no seu perfil persoal de Facebook, esiximos ao tripartito que dedique máis tempo a traballar para Ponteareas e deixe de fuxir das súas obrigacións no Concello, perdendo o tempo nas redes sociais.

Con respecto ao contido denunciado, o edil Mingos Freitas compartiu unha reflexión que se lanzaba nun vídeo onde se pedía ao Concello de Madrid buscar unha solución habitacional a cidadáns que se quedaron sen fogar, iso non quere dicir que comparta ideoloxía con “Hogar Social”, a páxina autora do contido audiovisual, tal e como denunciou o PSOE. Desde o PP de Ponteareas suxerímoslles que se deixen de cortinas de fume para distraer aos ponteareáns, tentando tapar así a ineficiente xestión que están a realizar no Concello.

Si a Sra Garrote lle preocupan tanto as redes sociais o que debería facer é analizar o que publican eles mesmos nos distintos medios de comunicación municipais, de información institucional do Concello (páxina web, facebook, twitter,…), asuntos con intereses claramente partidistas, faltando reiteradamente á verdade, ao respecto e culpando de todo ós e ás concelleiras da oposición, aí é onde deberían dar exemplo, porque estes medios terían que ter un carácter unicamente institucional e de información ós cidadáns, co cal están vulnerando o principio de neutralidade política da web institucional e a información contida no AVISO LEGAL da mesma páxina web.