Foto

A incoherencia do BNG, PSOE, ART e EU que aproban solicitar un préstamo por 600.000€ a devolver en 8 anos

· Si o Goberno quixese xa poderían ter Casa Cultural todas as parroquias, sen endeudarse, porque nestes anos tiveron mais de 4 millóns de euros para inversións só do Plan Concellos da Deputación.

Os mesmos grupo políticos que levan toda a vida criticando o endebedamento que había no Concello de Ponteareas, agora aproban no Pleno municipal celebrado esta semana, pedir á Xunta de Galicia un Préstamo a longo prazo, durante 8 anos, por importe de case 600.000€, e que comezará a ser pagado no ano 2019 e ata o 2026.

O Partido Popular no Pleno municipal posicionouse en contra desta solicitude porque o que se estaba a aprobar non eran os proxectos das obras, senon que era unha operación de préstamo a longo prazo por 600.000€ e que deben pagar os gobernos das seguintes dúas lexislaturas, porque os actuais gobernantes non queren facelo entre os anos 2018 e o 2019 como se lle propuxo dende o PP, por ser anos da súa lexislatura, e así deste xeito o PP sí votaría a favor.

En ningún caso os concelleiros do Grupo Popular están en contra das obras que quere facer o Goberno, neste caso, de rehabilitación de tres edificios municipais, como son a Gardería, o Conservatorio e a Biblioteca-Museo, ainda que cuestionamos que non existan outras reparacións mais prioritarias.

Por suposto estamos a favor de que exista un novo edificio municipal que complemente os existentes, pero consideramos que o elexido polo Goberno local na praza maior, non é a mellor opción, quizais si houbesen consensuado co resto dos grupos valoraríanse outras alternativas, como o “edificio de Comercial Tea”, pero como no goberno do Sr Represas o que prevalece é a falta de diálogo e a falta de consenso non tivemos a oportunidade de participar.

Tamén estamos a favor da adquisición dunha edificación en Pías para xunto cunha posterior rehabilitación da mesma dotar dun Centro Cultural á parroquia de Pías, afirma Belén Villar, pero é moi posible que si consensuaran esta decisión con todos os grupos políticos, poderíase falar doutras alternativas, quizais mais axeitadas para o fin que se busca.

Dende sempre o Grupo Popular defendeu a construcción e rehabilitación de Centros Culturais en todas as parroquias, e non só con palabrería senon con feitos, e mostra dilo e que hoxe practicamente en todas as parroquias hai centros construidos.

O curioso, é que levamos 3 anos con este Goberno tripartito e a pesares de que todos os anos o PP ven solicitando ó Goberno que se destinen cartos do Plan Concellos da Deputación, nunca se fixo, e iso que nestes anos corresponderon a este Concello mais de 4 millóns de euros para inversións.

Si o Goberno quixese, afirma Belén Villar portavoz do Grupo Popular, xa podían ter casa cultural todas as parroquias que faltan, sen necesidade de endebedarse, porque o Concello ten agora mais cartos, recoñecido por eles mesmos, e ten tamén ten dúas axudas para inversións moi importantes, por un lado 5 millóns de euros de Fondos Europeos e por outro lado 2 millóns de euros do Plan Concellos da Deputación, porque anticiparon da Deputación o que corresponde a este Concello do ano que ven, ano 2019.