Belen13

O Goberno local “oculta” información moi relevante sobre a conta do ano 2017, ó non informar que se incumpriu coa regra de gasto en máis de 158.000€

-O descontrol económico do Goberno lévaos por terceiro ano consecutivo a gastar mais do permitido e a incumprir coa Regra de Gasto que ven fixada na Lei de Estabilidade Presupostaria.

 -No ano 2015 o incumprimento foi de 364.399€, posteriormente no ano 2016 incumpriron coa Regra de Gasto en 179.167€, e agora este último ano o incumprimento ascende a 158.217€  

Según datos que nos foron facilitados esta semana, as contas do ano 2017 non son tan boas como nos quixo facer crer o Goberno local, porque vimos agora a enterarnos que as contas do ano 2017 non cumpren coa Lei de Estabilidade Orzamentaria ó non cumprir coa Regra de Gasto en mais de 158.000€.

O Alcalde e o Concelleiro de Facenda “esconderon” ao resto dos concelleiros da Corporación un escrito recibido o 9 de maio, fai un mes e medio, da Dirección Xeral de Política Financeira no que indicaba o non cumprimento reiterado na Regra de Gasto dos anos 2016 e 2017.

A falta de transparencia deste Goberno ponse de manifesto unha vez mais, porque a semana pasada fixeron a Comisión Informativa para aprobar a Conta Xeral do ano 2017 na que obrigatoriamente deben informar ao resto dos membros da Corporación das incidencias de todo o exercicio, e neste caso “ocultaron” interesadamente este dato e este requerimento.

Por terceiro ano consecutivo dende que goberna este equipo formado por BNG, PSOE e ART , o Concello incumpre coa Regra de Gasto e por conseguinte incumpre coa Lei. Xa no ano 2015 o incumprimento foi de 364.399€, posteriormente no ano 2016 incumpriron coa Regra de Gasto en 179.167€, e agora este último ano 2017 o incumprimento ascende a 158.217€.

Con estes datos confírmase que as xestións que está a facer este Goberno tripartito non son as mellores para manter un concello saneado e ponse de manifesto, afirma Villar, o que vimos denunciando dende fai moito tempo, que gastan sen control, e que non existen prioridades de gasto, e o último xa, que van a “hipotecar” o Concello para as futuras lexislaturas, co cal non podemos fiarnos de este equipo, que “esconde” a información e “terxiversa” os informes.

Os concelleiros do PP van a pedir ao Goberno que se reconduza ese desequilibrio para o cal tal e como fixa a propia Lei, esixirémoslle ao Concelleiro de Facenda que incluia medidas suficientes para compensar ese gasto que o Goberno realizou a maiores no ano pasado e que remate dunha vez por todas coas medidas do Plan de Saneamento Económico-Financeiro, que a día de hoxe ainda non cumpriron.