Belen8

O Goberno tripartito endeudará ó Concello con 1 millón de euros, a pagar durante as dúas seguintes lexislaturas

O Goberno tripartito acaba de aprobar nunha comisión informativa celebrada esta semana, co apoio do grupo de EU, un expediente de endebedamento do Concello a 8 anos por importe de 600.000€, para realizar diferentes obras de adquisición, rehabilitación e mantemento de diferentes construccions, e que se deberá devolver a partir do ano 2019 e ata o ano 2026.

Trataron de xustificarnos, sen éxito, a conveniencia de que estas operacións de crédito a 8 anos sexan aprobadas definitivamente no Pleno que se celebra a próxima semana, porque son préstamos sen intereses, pero dende o PP ainda que si aceptamos as inversions que queren facer, non podemos admitir que hipotequen os orzamentos das dúas próximas lexislaturas e que non plantexen a devolución deses cartos entre o ano 2018 e o 2019 que son os que lle corresponden a este equipo de goberno.

O mesmo xa sucedeu fai uns meses cando solicitaron a Deputación outra operación de crédito a longo prazo por 400.000€, e que do mesmo xeito que no caso actual traslada o pago dese préstamo a devolver en 10 anos.

Belén Villar, portavoz do PP, manifesta que durante anos o Concello estivo hipotecado con millóns de euros de débeda, que custou moitos anos e moito esforzo sanear as contas, tanto pola xestión económica rigurosa que se tivo que facer, como polos esforzos para chegar a fin de mes, e que agora este equipo de goberno en connivencia co concelleiro de EU aproben operacións de financiamento para obras a pagar a partir da seguinte lexislatura e ata o ano 2028, parécenos unha irresponsabilidade e unha tomadura de pelo.

O grupo do PP non está en contra das obras que se pretenden realizar, pero entendemos que si foran sensatos, non plantexarían estes préstamos que en total ascenden a 1 millón de euros, porque na actualidade o Concello ten mais cartos, por unha parte mais ingresos que se recadan en impostos, pero tamén mais de 2,4 millóns de euros que o Estado antes retiña para o pago de obrigas e 5 millóns euros de Fondos europeos, así como 2 millons de euros que a Deputación lles adiantou para inversions do Plan concellos 2018 e 2019, co cal non necesitarían en ningún caso acudir a préstamos para poder realizar as obras se xestionaran adecuadamente.

O Sr Represas, unha vez mais, non contou co resto dos grupos da Corporación municipal, nin para consensuar as obras que quería facer, nin a forma de financialas, e dende o mes de abril está tramitando estes expedientes, non pediu informe ó Secretario municipal e enviou a documentación da subvención, falseando información e asumindo competencias que non lle corresponden mais que ó Pleno, e por iso dende a Conselleria correspondente requeriron ó Concello que subsanara os expedientes con acordos válidos e adoptados por órgano competente, e ainda que fixo todo “a espaldas” do resto dos grupos políticos, agora vese obrigado a que sexa o Pleno quen aprobe este tipo de operacións de crédito a longo prazo.