B822ff214b0f211027b34c192820c07f XL

Aprobouse no Pleno por todos os grupos a proposta do PP para que no orzamento 2018 apareza unha partida económica para amortización de licenzas de taxi

Dende o PP alegrámonos porque no pleno celebrado no día de onte aprobouse por todos os grupos políticos a proposta do PP na que pediamos que o goberno reservase no orzamento do 2018 unha partida económica para a amortización de 12 licenzas de taxi, a pesares de non coñecer de momento a cantidade exacta.

A problemática do exceso de licenzas de taxi provén de hai moitos anos e é algo que tamén se dá en outros concellos, e que xa na anterior lexislatura se acadara un acordo unánime de todos os grupos políticos, incluídos os que agora están a gobernar, de buscarlle unha solución.

O que nos parece reprobable e que tanto o BNG como o PSOE que no ano 2015 cando estaban na oposición encabezaron as mobilizacións contra o goberno daquela do PP, esixindo que se puxeran cartos para a amortización de 12 licenzas en 5 anos, a día de hoxe e pasados xa 3 anos daquelas reivindicacións non fixeran nada ao respecto.

O malestar do sector do taxi é evidente e púxose de manifesto na intervención que fixo no día de onte no Pleno un representante dos taxistas afirmando que levan tido múltiples reunións nas que os goberno local adquire compromisos que despois non materializa, levando así tres anos perdidos.

Dende o PP propuxemos este acordo, porque levan 3 anos gobernando sen facer nada , e dado que na documentación que nos remitiron correspondente ao orzamento do ano 2018 no que están traballando non aparece ningunha partida económica específica para este fin de amortización de licenzas.

Unha vez máis púxose de manifesto que este goberno só actúa cando as diferentes asociacións presionan ameazando con mobilizacións porque non cumpren co que lles prometen, recórdese que isto mesmo sucedeu co Clube Ciclista de Ponteareas que reclamaba unha axuda económica e no Orzamento do 218 si xa aparece dito importe.