FOTO

O próximo martes día 12 celebrarase un Pleno Extraordinario con 6 mocións de grande importancia para o conxunto da cidadanía solicitado polo PP

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas solicitou un Pleno Extraordinario para tratar varias mocións de vital importancia, transcendencia e interese para o conxunto da cidadanía, xa que algunha destas mocións deben ser tratadas de forma urxente porque os seus acordos deben ser contemplados no futuro orzamento do presente ano 2018.

A primeira das mocións manifesta o uso partidista da páxina web municipal por parte do goberno e na que se lle esixe ao Concello que restaure a neutralidade e esiximos que se elabore un regulamento para o uso neutral da páxina web municipal.

A segunda moción vai na liña da labor de fiscalización e control do goberno do PP, co fin de seguir afondando na participación e esixir transparencia no gasto deste goberno tripartito, así denunciamos a contabilización de facturas do ano 2017 durante o exercicio económico do 2018, decretadas directamente polo Alcalde e que terían que ser aprobadas nun recoñecemento extraxudicial por parte da Corporación Municipal, non sabemos se algunhas foron contabilizadas no ano 2017, descoñecemos con cargo a que partidas do orzamento, pois xa a finais de novembro moitas delas non tiñan crédito e se contan con Informes do Interventor acerca de que o procedemento a seguir para a súa contabilización é vía decreto do alcalde e non vía recoñecementos extraxudicial.

A terceira moción vai tendente a instar ao Goberno local a que en colaboración cos taxistas amortice 12 licenzas de taxis de Ponteareas e que inclúa vía modificación orzamentario ou no orzamento do 2018 unha partida para iniciar este compromiso adquirido co sector do taxi no ano 2015. Recordar que na pasada lexislatura, no pleno municipal de febreiro de 2015, xunto coa aprobación inicial da “Ordenanza do Servizo de Taxi”, aprobábase por unanimidade de toda a corporación un acordo no que se recollía que o Concello “asumiría o compromiso económico xunto coa participación directa das asociacións de taxistas de Ponteareas para a amortización, en cinco anualidades, de 12 licenzas de taxi ata cumprir coa legalidade de 1 taxi/1000 habitantes”.

Na cuarta moción instamos ao goberno municipal a incluír unha partida económica suficiente no Orzamento municipal do exercicio 2018 para a redacción e tramitación do Plan Parcial da Lomba (Areas). Hai que lembrar que na pasada lexislatura, tanto o BNG como o PSOE na oposición esixían como “prioridade absoluta e condición irrenunciable” para aprobar provisionalmente o PXOM a tramitación e a aprobación en paralelo do “Plan Parcial de A Lomba (Areas)” co fin de acadar o máis axiña posible solo industrial para que as nosas empresas puideran dispor dos mellores asentamentos. No Orzamento do ano 2016 tampouco incluíron ningunha partida para a redacción do devandito “Plan Parcial de A Lomba”. Posteriormente, o goberno local anunciou que a Deputación Provincial financiaría a redacción do Plan Parcial, pero no mes de febreiro de 2017, o Sr. Represas volvía a anunciar que o farían con fondos do propio Concello e que contarían tamén co financiamento da Deputación Provincial. Agora, parece que o goberno xa se esqueceu de todo este asunto, como se xa non fose unha prioridade absoluta e irrenunciable do goberno tal e como defendían e esixían cando estaban na oposición. Pois ben, agora, ante un maior ingreso na recadación de impostos e taxas, dende este GM do PP consideramos que o Concello está en boas condicións para afrontar este gasto tan necesario e prioritario para o futuro empresarial de Ponteareas e consecuentemente para a creación de emprego. E dado que no borrador do Orzamento 2018 non aparece recollida unha partida económica para afrontar este gasto de vital importancia para seguir avanzando na consecución de solo industrial para as empresas de Ponteareas.

Unha quinta moción tendente a instar ao Alcalde a que anule o contrato da obra “Mellora da Seguridade Vial Cillarga, Cumiar e Mouro 1ª Fase” por carecer do “certificado de existencia de crédito axeitado e suficiente para facer fronte as obrigas contraídas” e que redacten de maneira urxente o proxecto completo de “Mellora da Seguridade Vial da estrada que vai dende o Cruce do Misto ata o núcleo do barrio de Cillarga” e o seu financiamento. Dende o PP estamos totalmente de acordo que se execute esta obra pero a Lei Reguladora de Facendas Locais no seu artigo 182 a) sobre as “incorporacións de crédito” di que só poderán incorporarse aos correspondentes créditos dos presupostos de gastos do exercicio inmediato seguinte os créditos extraordinarios e os suplementos de crédito que foran concedidos ou autorizados, respectivamente, no último trimestre do exercicio. Estamos, pois, ante un grave incumprimento e unha clara irregularidade no que respecta ao procedemento de contratación deste expediente de obra, xa que se adxudicou unha obra sen existir con anterioridade o certificado de existencia de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ás obrigas necesarias, polo que segundo a lexislación vixente esta adxudicación sería causa de “nulidade”. Polo tanto, estamos pois ante unha mostra máis da incompetencia e irresponsabilidade dun goberno cuxa xestión e planificación é nula e nefasta e que están levando ao Concello a cometer reiteradas irregularidades e a perder subvencións importantes.

A última moción deste Pleno Extraordinario propón instar ao Alcalde a que cumpra o acordo plenario do ano 2009 no que prevía a construción dun aparcadoiro soterrado na praza Bugallal. No ano 2009 a Corporación Municipal acordaba por “unanimidade” aprobar definitivamente o “Anteproxecto de construción da obra Aparcadoiro soterrado na praza Bugallal e rúas anexas”, así como o expediente completo de contratación que rexería a adxudicación do contrato de concesión de obra pública, uns meses despois o pleno “declaraba deserto o procedemento de adxudicación do contrato de concesión de obra pública para a construción dun aparcadoiro soterrado na praza Bugallal e rúas anexas” ao non presentarse ningunha oferta. Agora, despois varios anos, o goberno do Sr. Represas decide convocar un concurso de ideas, no que gastaron 60.000 euros, para a reforma da praza de Bugallal sen ter en conta o párking soterrado da praza Bugallal que eles mesmos esixían anteriormente, párking que aparece recollido no PXOM aprobado provisionalmente. Con este proxecto preténdese eliminar o tráfico rodado e se eliminan máis de 70 plazas de estacionamento en superficie, non se conta coa opinión de comerciantes nin dos veciños e xustifícase que se crean aparcadoiros provisionais e periféricos en parcelas privadas.