IMG 20180522 WA0006

O PP de Ponteareas denuncia o mal estado que presenta o parque infantil das Pombas

As queixas constantes dos usuarios do parque infantil das Pombas son a tónica xeral nos últimos meses dos veciños polo estado de abandono e falta de mantemento que presenta este parque e que pon en perigo a seguridade e saúde dos cativos.

O goberno tripartito fai deixación das súas funcións con respecto ao mantemento e conservación dos parques infantís o que demostra a falta de sensibilidade e xestión das obrigas dun goberno.

O Partido Popular vén denunciando reiteradamente distintos casos de abandono e falta de mantemento de distintos parques infantís, entre outros, aínda segue se arranxarse o recentemente remodelado parque infantil da Perillana, que custou 57.000€ e no que están rotos algúns dos seus elementos dende case o día da súa inauguración, co perigro que elo supón para os nenos que alí acuden todos os días.

Por outra banda, desde o Partido Popular non entendemos por que os parques infantís de Ponteareas están en esta situación cando o goberno do Sr. Represas ten contratado o servizo de mantemento cunha empresa externa, e gastou no último ano en parques e xardins mais de 74.000€.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular preguntará no próximo Pleno da Corporación Municipal por esta cuestión e esixirá solucións definitivas e que expliquen quen vai asumir responsabilidades no caso dun accidente polo mal estado dos elementos de xogo.