FOTO

O PP de Ponteareas esixe á concelleira de Tráfico que retire de inmediato as súas manifestacións nas que acusa ao PP de “quitar multas aos amigos”

-O PP seguirá facendo o seu traballo de fiscalización e seguirá a criticar o exceso de recadación en sancións de Tráfico que no ano 2017 foi de 130.643€ un 85% do presupostado. 

-“Unha acusación tan grave non se pode consentir, e se ten coñecemento de que alguén do PP retirou multas vaia ao Xulgado” manifestou Belén Villar.

-O PP de Ponteareas require á concelleira de Tráfico que no próximo Pleno explique e concrete  a que persoas e en que datas se “quitaron multas”, porque se non aclara estas acusacións acudiremos aos xulgados por difamación.

O PP de Ponteareas esixe á concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá de Ponteareas que se retracte das graves acusacións que verteu tanto sobre o Partido Popular de Ponteareas como sobre a súa actual presidenta, Belén Villar. “Desde o Partido Popular de Ponteareas indicámoslle que se ten algo que denunciar, fágao no xulgado. O que non vamos consentir son acusacións de feitos delictivos sen que os poida acreditar. Tamén lle lembramos que con respecto ao episodio da grúa municipal que menciona, e que ela mesma encabezou fai un tempo denunciando ante a fiscalía, a denuncia foi arquivada”.

Belén Villar, en nome do Partido Popular, vén de presentar no Rexistro municipal un escrito no que se lle require á Concelleira de Tráfico que no próximo Pleno explique e concrete a que personas e en que datas se “quitaron multas” e concrete as afirmacións feitas, porque senon o que debería facer é retractarse das súas palabras e pedir desculpas.

Tamén deberá pedir ao Xefe da Policía Local que informe se por orden do Sr. Solla se retiraron nalgunha ocasión multas de tráfico a algún veciño, concretando as datas e as persoas afectadas. O que “non se pode é tirar a pedra e esconder a man”. A acusación de quitar multas é unha acusación de prevaricación, tráfico de influencias e de falsedad moi seria, polo que dende o PP non o vamos a consentir.

Cando o Partido Popular de Ponteareas fala de afán recadatorio do goberno local faino con feitos, xa que dos 70.000€ previstos polo Goberno tripartito en sancións de tráfico, ao final impuxéronse sancións por valor de 130.643€ aos veciños. Fronte a estes datos, a concelleira de Tráfico ao non ser capaz de argumentar ningún tipo de xustificación, dedícase a ir soltando unha calumnia tras outra, entrando nunha dinámica na que trata de desacreditar á oposición con mentiras e difamacións que son moi graves.

O que critica o PP é que en Ponteareas haia un Goberno que non fai o que dice, e no que os veciños non poden confiar, porque falaban de que “ían mellorar a relación dos veciños cos axentes de tráfico”, e vemos que iso non é así. Aumentan as sancións de tráfico e a concelleira o que debería é lograr que haia orde no tráfico, pero non a costa de multas, que deben pagar os veciños e que directamente perxudican ao comercio local.

En canto as afirmacións realizadas pola Concelleira sobre a mellora da circulación tan só decir que a zona azul para o estacionamento temporal está deshabilitada ao non funcionar dende fai moito tempo os parquímetros, o que agrava aínda máis o déficit de aparcamento no casco urbano.

O non estar regulado o estacionamento no centro, tanto os veciños como o comercio local están a verse perxudicados, e ante a imposibilidade de atopar aparcadoiro e a presión coas multas de tráfico, as persoas vanse a outras localidades limítrofes a realizar as súas compras, ocasionando un grave prexuizo ao comercio local.