Belen8

O Concello recauda no ano 2017 polas multas de tráfico 130.643€ , un 85% mais do previsto nos orzamentos

-O afán recaudatorio do Goberno tripartito enche as arcas municipais a costa de sancionar ós vecinos.

“O goberno de Ponteareas, segundo a liquidación do ano 2017, que nos foi facilitada, recauda e sanciona un 85% mais do previsto nos orzamentos”, criticou a portavoz do partido popular, Belén Villar.

Co peche das contas do ano 2017 aflorou para coñecemento de todos os grupos da oposición que dos 70.000€ previstos polo Goberno tripartito de sancións de tráfico, ó final resultou que a recaudación foi moi superior.

A Concelleira socialista, Vanesa Fernández, titular da área de tráfico demostra un gran afán recaudatorio á hora de impor sancions ós ciudadans, manifesta o grupo popular, destacando os 130.643€ recadados no ano 2017 importe bastante por enriba do que estaba previsto inicialmente, e incluso superior ao recadado nos dous anos anteriores.

Estos datos son totalmente contrarios ós obxetivos que o Goberno tripartito acordaba ó principio da súa lexislatura, documento onde na “área de tráfico e seguridade cidadá” dicían que ían “mellorar a relación dos veciños/as cos axentes encargados do tráfico”, cuestión que tras coñecer estos datos queda demostrado que non se cumpre ó superar nun 85% o que se pretendía recadar, e o único que prevalece neste caso é o interés de encher as arcas municipais a costa de sancionar ós vecinos e perxudicar ao comercio local.

Belén Villar denuncia tamén que esta recaudación non sexa investida en melloras nos salarios dos axentes de Policía e en aumentar a plantilla dos mesmos que é moi excasa para prestar un servizo de 24 horas, ainda a pesares da contratación puntual de auxiliares de policía durante os meses de verán, que non resolve a problemática da policía en Ponteareas, porque estes traballadores só poden contratarse por uns poucos meses e non poden facer as mesmas función que os axentes de policía e o único que se dedican é a fotografiar vehículos para posteriormente sancionar.