O Goberno non repara os elementos de xogo do parque infantil da Perillana pondo en risco os nenos que o utilizan

-Un parque inaugurado o pasado febreiro xa leva un mes con áreas precintadas por falta de mantemento

 Ponteareas, 20 de abril de 2018.- O pasado 2 de febreiro o alcalde nacionalista Xosé Represas inaugurou o reformado parque infantil da Perillana, reforma que ascendeu a un importe total de 57.000€. Dende o Partido Popular de Ponteareas xa advertimos de que a remodelación deste parque en concreto non era unha prioridade, xa que hai outros espacios de xogos infantís na cidade en peores condicións, por non falar de que aínda hai zonas de Ponteareas que non contan con áreas de xogo para os más pequenos e que fai tempo que veñen demandándoas.

 

Ademáis, o parque infantil da Perillana, inaugurado fai menos de 3 meses, xa leva un mes precintado por falta de mantemento. A evidente desidia do alcalde demostra que dende o Concello fixeron esta inversión unicamente para saír na foto o día da inauguración dando titulares do tipo “esta obra mellora a calidade de vida dos máis novos”, para despois esquecerse do tema. Cando, aínda por riba, so se trata de repor uns simples tornillos, segundo as persoas consultadas entendidas na materia.

Por outro lado, entre as melloras do parque incorporouse unha tirolina cunha caída dun metro, un elemento novo de xogo só apto para nenos e nenas maiores de cinco anos, que non ten delimitada unha zona de seguridade, co evidente perigo que esto implica. Os nenos poderían cruzar polo medio interfirindo na traxectoria da tirolina e provocando un accidente.

Trátase de xogar, non de que os nenos xóguense a vida. Polo que pedimos ó alcalde que arranxe urxentemente o elemento de xogo e que tome as medidas necesarias para mellorar a seguridade dos máis cativos neste parque infantil.