Belen Pleno

O Goberno Municipal aposta por contratar empresas de fora de Ponteareas, en vez de dar traballo ás do pobo

-O Alcalde aprobou no mes de marzo un novo expediente de contratación para un servizo de asesoramento técnico e xurídico por 47.916,00€, por un procedemento de negociado sen publicidade e invitou a tres empresas de A Coruña para ofertar, e a ningunha de Ponteareas.

 

Ponteareas, 20 de abril de 2018 .- O Partido Popular ven de denunciar a hipocresía de BNG, PSOE e ART que dende que gobernan apostan pola privatización de novos servizos que sempre estiveron prestados por persoal municipal, en vez de pola municipalización como defendían antes, e o peor de todo, que estas novas contratacións fanas con empresas de fora do noso municipio.

A última privatización levada a cabo por este goberno de esquerdas é para contratar un servizo de asesoramento técnico e xurídico por 47.916,00 €. Un servizo que nas anteriores lexislaturas sempre foi prestado por traballadores municipais, e que este goberno durante os primeiros dous anos de mandato xa externalizaron, ainda que sin chegar a facer un proceso de contratación, estaba sendo prestado por dúas empresas de Ames, en A Coruña.

Agora durante o mes de marzo deste ano, aprobaron un expediente de contratación, mediante un procedemento de negociado “sen publicidade” e tramitación urxente, para un período de dous anos e por un importe total de 47.916,00€. O mais grave de todo é que invitaron a tres empresas para que ofertasen, e todas elas de A Coruña, como si en Ponteareas non hubese asesorías xurídicas nin abogados cualificados.

Esta é unha nova mostra do interés deste goberno polo desenrolo do noso pobo, e polas empresas de Ponteareas, posicionándose totalmente en contra do seu futuro ao contratar servizos fora do noso municipio e de fora da nosa provincia.

Este Goberno queda en evidencia unha vez mais, porque dice unha cousa e logo fai outra, dice que apoia o emprego local e pola contra non da a posibilidade ás empresas de Ponteareas nen sequera a facer oferta para un servizo que o Concello vai contratar durante dous anos e por preto de cincuenta mil euros.