El Precio Del Impuesto De Circulacion Para Coches Motos En Espana 2015

O Goberno Municipal non rebaixará o imposto de vehículos tampouco para o ano 2018

-A pesares das promesas do Goberno municipal e dos diferentes anuncios feitos, os veciños de Ponteareas seguirán por terceiro ano consecutivo pagando o Imposto de Vehículos sen a rebaixa prometida.

Ponteareas, 30 de marzo de 2018 .- O BNG-PSOE-ART levan anunciando e prometendo durante os tres anos que son goberno a rebaixa do Imposto de Vehículos (IVTM), sen a día de hoxe cumprir co seu anuncio.

Temos que recordar aos veciños, que a finais do ano pasado o Goberno levou ao Pleno unha modificación do Imposto de Vehículos na que mantiña unha subida do 6% para os vehículos e dun 12% para camións e motos, e resulta que varios meses despois aínda non foi aprobada definitivamente, co cal durante todo este ano 2018 os propietarios dos vehículos de Ponteareas seguirán pagando un Imposto de Vehículos moito máis alto do que deberían.

Este Goberno está a recadar máis cartos que nunca por este imposto e xa esqueceu as promesas feitas aos veciños e as palabras que sempre utilizaban de “impostos abusivos”. Agora parece que con eles gobernando a visión é outra totalmente diferente.

Segundo Belén Villar, dende o ano 2016 este Goberno está a incumprir cos acordos plenarios en relación a este imposto, porque rematado o Plan de Saneamento as medidas de ingresos que nel se aprobaron para pagar as obrigas históricas do Concello debían retornar aos seus valores iniciais, e así o IVTM debía reducirse en base a un acordo que tiña que ser tomado antes de rematar o ano 2016 para que xa durante o ano 2017 os veciños visen reducido o que pagan polos seus vehículos, motos e tractores.

En novembro do ano pasado o Goberno saiu nos medios de comunicación anunciando unha rebaixa no IVTM, cando a realidade é que a rebaixa anunciada non se levou a cabo, e os veciños seguirán tamén pagando durante este ano 2018 o imposto sen ningún tipo de rebaixa, porque temos en Ponteareas un equipo de Goberno tripartito ao frente do Concello que din unha cousa e logo fan a contraria.