Foto Presentacion Avales

Belén Villar presenta máis de cen avales ante a Comisión Organizadora do VI Congreso local de Ponteareas

-Culmina así o proceso electoral no que eran necesarios a presentación dun mínimo de 70 avais

-Ao longo destes días visitou as diferentes parroquias do municpio e escoitado as necesidades do afiliado para incorporalas ao seu programa co que pretende dar un novo impulso ao partido en Ponteareas

-O sábado ás 18.00 h terá lugar a votación para proclamar á candidata na que será a primeira presidenta muller do partido en Ponteareas

A edil e deputada provincial, Belén Villar González, presentou na sede local máis dun centenar de avais (eran necesarios 70 para ser proclamada candidata) de afiliados que lle transmitiron o seu total apoio.

“Agradezo o respaldo de todas as persoas que me brindaron a súa confianza e estiveron axudando ao longo destes días para conseguir os avais. As nosas prioridades deben centrarse en crear un partido forte, máis unido, que poida afrontar o reto máis próximo que temos por diante que son os comicios municipais de 2019. Agora mesmo atópome pechando o equipo que me acompañará no comité executivo no que haberá caras novas vinculadas ao partido e ao ámbito social do municipio. O noso proxecto pasa por facer un partido máis próximo e para iso hai que organizalo mellor, ter unha directiva local que se reúna con frecuencia para tratar sobre todos os asuntos que conciernen ao noso municipio. Tamén é importante contar cos mozos, peza crave do noso futuro”.

A candidata á Presidencia, Belén Villar, anima a todos os afiliados a participar no sexto congreso local que terá lugar o sábado 17 de marzo no auditorio municipal Reveriano Soutullo a partir das 18.00 h. Nel  intervirán, entre outros,  o presidente actual de novas xeracións, a actual directora Xeral de Turismo, Nava Castro, o presidente local saínte Salvador González Solla e o presidente provincial, Alfonso Rueda.