8M: Somos as protagonistas – Día da muller

Con motivo do Día Internacional da Muller, o grupo do PP na Deputación de Pontevedra organiza o acto «Somos As Protagonistas», un coloquio no que cinco mulleres de toda a provincia, protagonistas nos seus respectivos ámbitos profesionais, aportarán unha perspectiva única sobre os retos da nosa sociedade no seu avance cara a igualdade e a erradicación das distintas formas de discriminación.

O xoves ás 19,00h na Rúa Trovador Xoán García de Guillade, 24, 36865 Ponteareas (Pontevedra), España